Publicado o 30 Xuñ 2006
Con “Ecos” o cine galego entra no terreo do fantástico e do suspense máis inquedante. Como inquedos estarán os fans de Harry Potter e de “Watchmen”. ¿Que se atreverá a facer J.K. Rowling con Harry no final da saga? ¿Estará á altura das expectativas a adaptación cinematográfica do cómic de Alan Moore? Tamén terá filme propio o Home de Ferro de Marvel. Fran Morell tráenos as últimas novas da fantasía e da ci-fi. Le máis deste artigo »
Publicado o 23 Xuñ 2006
No marco do esotérico San Xoán a crónica semanal de Fran Morell pasa por Singapur, e traenos a actualidade de Bollywood, así como a listaxe de artistas e obras gañadoras dos premios Locus e os da Asociación Americana de escritores de Terror. O editor de Nova Fantasía tamén percorre outras novidades que trouxo a semana ao xénero da fantasía e a ciencia ficción. Le máis deste artigo »
Publicado o 16 Xuñ 2006
Fran Morell, editor de Nova Fantasía, dálle un repaso á actualidade do xénero e adianta interesantes novidades. Desde un futuro proxecto de Spielberg no campo da ciencia – ficción ata o recente gañador do Premio Merlín. Morell trae cada semana desde Nova Fantasía un compendio das informacións máis relevantes acaecidas no universo fantástico. Le máis deste artigo »
Publicado o 09 Xuñ 2006
Morell cóntanos que medio millón de persoas poderán compartir xogo de rol en liña en “Escuridade e Luz”, no mundo virtual de Ganareth que xa está dispoñible na rede despois de anos de probas. O editor de Nova Fantasía tamén dá conta dos resultados e atrancos que está a topar a película “O Código da Vinci” polo mundo adiante. E, ademais de outras moitas noticias, tamén destaca a intención da industria cinematográfica chinesa de producir unha nova versión de “Mulán”. Estas e outras noticias do fantástico e a ciencia ficción nesta crónica semanal de Fran Morell. Le máis deste artigo »
Publicado o 02 Xuñ 2006
A industria americana de banda deseñada recupera, convenientemente remodelada, a unha das súas personaxes históricas da saga de Batman. Fran Morell sorpréndenos coas súas novas, nas que tamén dá conta da loita nos cines entre os X-Men e o Código Da Vinci. A crónica do xénero fantástico e de ciencia ficción tamén inclúe o regreso de Blade Runner no seu vintecinco aniversario. Le máis deste artigo »