culturagalega
consello da cultura galega

Do venres 29 de decembro de 2006 ao luns 1 de xaneiro de 2007

Publicado o 29 Dec 2006

Botamos unha ollada ao futuro posible na bola de cristal de Fran Morell. ¿Esixirán os robots dereitos civís? ¿Estamos preparados para iso? Seica algúns si. Disto e de outros temas, todos reais, todos fantásticos, infórmanos Fran Morell. O editor de Nova Fantasía comparte con nós o décimo aniversario que no 2007 fai na rede esta revista sobre ciencia ficción e fantasía, pioneira en Galicia. Le máis deste artigo »

Do venres 22 ao luns 25 de decembro de 2006

Publicado o 22 Dec 2006

Fran Morell pon as pinceladas da fantasía no Nadal, e faino sen falar de Papá Noel nin dos renos voadores. A única concesións da actualidade fantástica ao público infantil está nunha posible adaptación cinematográfica das novas aventuras de Peter Pan. Ademais diso despedimos ao mítico Joseph Barbera, coñecemos as novidades e situación onírica de Harry Potter, os candidatos aos Oscar aos mellores efectos especiais e outros avances en exclusiva para os lectores que trae o editor da revista Nova Fantasía. Le máis deste artigo »

Do venres 15 ao domingo 17 de decembro de 2006

Publicado o 15 Dec 2006

A crónica de Fran Morell sobre o xénero fantástico non é allea ao sino dos tempos e tamén entra a comentar cuestións inmobiliarias, aínda que de índole algo sinistra. Esta noticia transilvana e outras novas sobre a vindeira produción de Star Trek para a gran pantalla ou o regreso da Sombra na crónica fantástica dos días do editor de Nova Fantasía. Le máis deste artigo »

Do xoves 7 ao domingo 10 de decembro de 2006

Publicado o 07 Dec 2006

De entre os personaxes e historia do imaxinario fantástico cada vez son máis os que acaban facendo o camiño sen retorno dos libros ou da banda deseñada ao cine e a televisión. Esta semana Fran Morell infórmanos de moitos casos destes na súa crónica semanal do xénero fantástico. Le máis deste artigo »

Do venres 1 ao domingo 3 de decembro de 2006

Publicado o 01 Dec 2006

A fantasía semella o mellor dos campos para a maridaxe entre o cine e a literatura ou a banda deseñada. A tendencia a poñer en pantalla os referentes argumentais e as historias que antes pasaron polas páxinas semella que non vai rematar e Fran Morell xa vai avanzándonos aquelas que poderemos ver nos vindeiros anos. Le máis deste artigo »