culturagalega
consello da cultura galega

Do venres 27 ao domingo 29 de marzo de 2009

Publicado o 27 Mar 2009

As historias de fantasía para adolescentes están a coller pulo entre os produtores de películas, despois do éxito de Crepúsculo outras moitas historias das mesmas características están a prepararse para o cine. Tamén hai novidades sobre adaptacións de banda deseñada ao cine e a preparación doutras historias orixinais da ciencia ficción e a fantasía ao audiovisual. Todo isto e máis na crónica semanal de Fran Morell Le máis deste artigo »

Do venres 20 ao domingo 22 de marzo de 2009

Publicado o 20 Mar 2009

A industria cinematográfica bota a vista atrás para relanzar en novas versións historias clásicas do terror e da ciencia ficción. Son moitas historias que chegan ao cine despois de pasar pola banda deseñada, Monster Attack, ou o video xogo, Dante´s Inferno, e seguro que entre os finalistas do premio Arthur C. Clarke algún chegará ao celuloide. Fran Morell ten toda a información. Le máis deste artigo »

Do venres 13 ao domingo 15 de marzo de 2009

Publicado o 13 Mar 2009

As noticias da rodaxe da película de Spielberg sobre as aventuras de Tintín comezan a saír na prensa para axudar á súa promoción entre o público americano, pouco coñecedor da veterá banda deseñada. Fran Morell trasládanos as últimas novas desta e outras producións da fantasía, terror e ciencia-ficción que se están a preparar. Le máis deste artigo »

Do venres 6 ao domingo 8 de marzo de 2009

Publicado o 06 Mar 2009

Nesta fin de semana na que chega aos cines a agardada Watchmen, Fran Morell xa vai adiantando cales serán as historias que están por converterse en películas para o interese dos afeccionados á fantasía, o terror e a ciencia ficción. Tamén compre o repaso ao palmarés do recente Fantasporto coa cinta de animación Idiots and angels como vencedora da sección oficial. Le máis deste artigo »