Publicado o 29 Xan 2010
O actor inglés Nicholas Hoult (A Single Man, Skins) ven de se unir ao reparto do vindeiro filme de George Miller, Mad Max: Fury Road, para a Warner Bros. Pictures.
A historia, da que aínda non se coñece demasiado, estará ambientada un pouco despois dos acontecementos narrados no filme de 1985 Mad Max: Alén da Cúpula do Trono, cando o personaxe de Max aínda era novo. Charlize Theron e Tom Hardy serán os protagonistas principais.
Le máis deste artigo »
Publicado o 22 Xan 2010
O ano comezou forte grazas aos esforzos que a finais de 2009 fixo James Cameron e mais a súa equipa por nos ofrecer ese espectáculo grandioso que é Avatar (outra cousa é que sexa unha obra a admirar polos admiradores do cinema noir, claro) e asemade son moitas as novas xeradas ao seu redor.
Le máis deste artigo »
Publicado o 15 Xan 2010
César, o filme da Fox que se proxectaba coma un remake de A Conquista do Planeta dos Simios e que contaba polo de agora co guionista Scott Frank, ven de se cancelar e Frank abandonou o proxecto.
Os detalles sobre as causas desta desfeita aínda non están nada claros, pero seica a decisión foi tomada hai xa tempo e que coma adoita ser habitual, o culpábel foi o orzamento que se proxectaba demasiado alto, ademais do escuro do material, que trata sobre o final da humanidade e que non o fai apto para un público familiar.
Le máis deste artigo »
Publicado o 08 Xan 2010
A parella de guionistas responsábeis de Zombieland Rhett Reese e Paul Wernick veñen de ser contratados para escribir o libreto de Deadpool, o spin-off da Patrulla X que está en desenvolvemento na 20th Century Fox.
Le máis deste artigo »