culturagalega
consello da cultura galega

Do venres 26 ao domingo 28 de febreiro de 2010

Publicado o 26 Feb 2010

fs_260210O guionista de Batman Begins e Blade, David Goyer, ven de ser contratado para escribir The Man of Steel, o novo filme de Superman que realizarán a Warner Bros. Pictures e mais a Legendary Pictures.
Le máis deste artigo »

Do venres 19 ao domingo 21 de febreiro de 2010

Publicado o 19 Feb 2010

O produtor de Avatar Jon Landau ven de revelar nunha recente entrevista na televisión que o director James Cameron comezou a escribir unha novela que será unha precuela do seu filme de ciencia-ficción épico e que podería aparecer a finais deste ano.
Le máis deste artigo »

Do venres 12 ao domingo 14 de febreiro de 2010

Publicado o 12 Feb 2010

fs_120210Os fans da saga da Guerra das Galaxias veñen de ter a idea de se axuntaren fronte á catedral de Santiago para facer unha demostración de forza ante os peregrinos que van chegando este ano “Santo”.

Todo comezou grazas á idea de Iñaki Quenerapú, quen suxeriu unha xuntanza en Galiza para conmemorar o trixésimo aniversario da estrea de O imperio contraataca. A idea, dada a coñecer no Twitter, orixinou a quedada que se levará a cabo o vindeiro 21 de maio ás 17:00 horas. Até agora mais de 170 persoas xa confirmaron a súa asistencia, pero segundo Quenerapú, esperan axuntar a 500 soldados imperiais perfectamente uniformados.
Le máis deste artigo »

Do venres 5 ao domingo 7 de febreiro de 2010

Publicado o 05 Feb 2010

Se até agora víramos cómics convertidos en películas, telefilmes pasados ao cinema, libros que dan o chimpo á pantalla grande… fallaba que un sitio web tivera esa mesma oportunidade. E velaí é onde entra Musunahi, un sitio Web tamén coñecido coma o Museo da Historia Sobrenatural, e que vai converterse nunha longametraxe grazas á Dreamworks Pictures.
Le máis deste artigo »