Publicado o 25 Xuñ 2010
A prometedora parella de guionistas formada por Thomas Donnelly e Joshua Oppenheimer (Sahara, A Sound of Thunder) ven de recibir o encargo de adaptar ao cinema a outro personaxe da Marvel Comics: o Doutor Strange.
Le máis deste artigo »
Publicado o 18 Xuñ 2010
Até agora estabamos acostumados a que o terror en 3D viñera dos Estados Unidos. Filmes coma a última entrega de Destino final ou o remake de My Bloody Valentine fixeron coma é habitual grandes ingresos nos despachos de billetes grazas ao uso da nova tecnoloxía en 3D. Pois seica agora chega o novo sistema made in Spain.
Le máis deste artigo »
Publicado o 11 Xuñ 2010
Coa nova reinterpretación de Tim Burton de Alicia no País das Marabillas, que resultou un éxito tan grande este ano, as películas de contos de fadas están volvendo a estar de moda e agora o director de Rush Hour, Brett Ratner, está a preparar unha nova adaptación de Brancaneves e os sete Ananos.
Este novo filme, titulado simplemente Snow White (Branca Neves), está a ser escrito por Melisa Wallack (Meet Bill) e seica estará mais estreitamente vencellado ao ton orixinal dos relatos dos irmáns Grimm, no canto de se fixar na adaptación en debuxos animados da Disney dirixida ao público infantil en 1938.
Le máis deste artigo »
Publicado o 04 Xuñ 2010
Segundo confirmou o mesmo Peter Jackson, Guillermo del Toro abandoou por sorpresa a dirección do proxecto do filme O Hobbit, após de que hai uns poucos días ficase confirmado un novo adiamento na produción por mor dos problemas financeiros da MGM. Del Toro continuará, de todos os xeitos, coma co-guionista desta adaptación ao cinema do clásico libro de J.R.R. Tolkien.
Le máis deste artigo »