culturagalega
consello da cultura galega

A Yamato regresa ao cinema

Publicado o 25 Feb 2011

O guionista Christopher McQuarrie (Valkyrie) será o encargado de fornecer cun libreto á nova longametraxe que adaptará ao cinema a clásica franquía de Star Blazers na Skydance Productions, pero nesta historia seica hai mais do que se ve, porque moitas fontes aseguran que aínda hai produtoras atrás dos dereitos, a Lucasfilm entre elas.

Coñecida pola súa imaxinería épica e polos seus temas de nobreza e sacrificio heroico, respecto polos heroes perdidos no cumprimento do deber e outras fazañas militares, a saga de Star Blazers é unha readaptación e re-edición da serie de debuxos animados xaponesa dos anos 70 Space Battleship Yamato. O ano pasado estreouse en Xapón unha versión con actores reais acadando un grande éxito en críticas e en espectadores. Velaquí o seu tráiler:

Le máis deste artigo »

Ubik, outra de P.K. Dick ao cinema

Publicado o 18 Feb 2011

UbikO director Michel Gondry (Eternal Sunshine of the Spotless Mind) será o encargado de adaptar ao cinema a clásica novela metafísica de ciencia-ficción de Philip K. Dick Ubik para a Film Rites e a Anonymous Content.

A historia orixinal, moi complicada de seguir, vai sobre un home que traballa nunha empresa de seguridade especializada en bloquear a espionaxe telepática e outros trucos paranormais. Pero cando un traballo na Lúa leve á morte ao presidente da compañía, Glen Runciter, algúns fragmentos da realidade comezan a se deslizar cara ao pasado. Axiña comezan a aparecer mensaxes de Runciter por todas partes, así coma uns anuncios para unha estraña droga chamada Ubik.

Steve Zaillian, Steve Golin e Garrett Basch serán os produtores. A Celluloid Dreams tentara levar antes esta novela ao cinema, en 2008, pero os seus esforzos non tiveron éxito.
Le máis deste artigo »

As voces dos mortos: Doyle e Houdini

Publicado o 11 Feb 2011

Arthur Conan Doyle (esquerda) e Harry Houdini, nos anos 20A DreamWorks ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema un guión orixinal de J. Michael Straczynski (o creador de Babylon 5) para facer un thriller titulado Voices From the Dead.

A historia tentará penetrar na relación de amizade que na vida real tiveron o meigo Harry Houdini e máis o escritor creador de Sherlock Holmes Arthur Conan Doyle, quen se coñeceron en 1920 e se fixeron amigos, malia que o primeiro tentou convencer sempre infrutuosamente ao segundo da inexistencia das pantasmas e do sobrenatural.
Le máis deste artigo »

O novo Superman foi un Tudor

Publicado o 04 Feb 2011

cavillXa é oficial: Henry Cavill interpretará a Clark Kent e a Superman na vindeira película de Zack Snyder e Christopher Nolan que relanzará ao Home de Aceiro no cinema.

O nome do actor inglés, coñecido sobre todo pola súa participación no reparto da série Os Tudor, estivera xa na boca de todos cando o director anteriormente vencellado ao proxecto, McG, estaba á fronte do mesmo, pero ao final non se puido facer co papel, que foi parar a Brandon Routh cando o director Bryan Singer tomou as rendas da anterior longametraxe. O actor e modelo, de 27 anos, tamén foi candidato a se converter en James Bond xunto a Daniel Craig e Sam Worthington cando estaban á procura dun nome que o interpretase en Casino Royale. Le máis deste artigo »