culturagalega
consello da cultura galega

Frozen, o novo conto da Pixar

Publicado o 30 Dec 2011

Capa dunha edición danesa moderna de Sneedronningen

Capa dunha edición danesa moderna de Sneedronningen

A Disney ven de anunciar que colocou na súa axenda de estreas a Frozen, unha adaptación do clásico conto de fadas de Hans Christian Andersen Sneedronningen (A raíña das neves), concretamente para o 27 de novembro de 2013.

O filme será unha película de debuxos animados en 3D e contará a historia de Kai, un rapaz que é aducido pola malvada raíña das neves cando os anacos dun espello enmeigado por un troll se lle craven nos ollos e no corazón. A raíña daquela poderá entrar no mundo cando chegue o inverno.

Pero Gerda, a compañeira de Kai, a súa veciña e namorada, aínda acredita nel e comezará unha busca épica para traelo de volta dende o palacio da raíña.
Le máis deste artigo »

Zaillian quere dirixir Os Cronocrimes

Publicado o 23 Dec 2011

Cartace orixinal de Os Cronocrimes

Cartace orixinal de Os Cronocrimes

O guionista gañador dun Oscar Steve Zaillian, cuxo traballo mais recente foi a adaptación do guión de David Fincher The Girl with the Dragon Tattoo, dixo que está a considerar a posibilidade de se sentar na cadeira de director para o remake do thriller de ciencia-ficción español Os Cronocrimes, que está a producir a Dreamworks Pictures.

O filme orixinal de Nacho Vigalondo vai sobre un home que vai atrás unha hora no tempo repetidamente, para tentar alterar os acontecementos dun crime. Zaillian chegou a bordo do proxecto para facer un remake o pasado xaneiro. Daquela, e aínda que non se confirmou nunca oficialmente, David Cronenberg estaba vencellado ao proxecto, pero o director canadense finalmente decidiuse por outro filme o mes pasado.
Le máis deste artigo »

Star Trek e Star Wars xuntos contra Twilight

Publicado o 16 Dec 2011

takei-suluO actor George Takei, quen interpretou a Hikaru Sulu na saga de Star Trek, pero que tamén contou cun pequeno papel na saga da Guerra das Galaxias, reclamou unha alianza entre os fans de ambas as dúas series contra o fenómeno de Twilight para combater a ñoñería dos románticos vampiros e lobishomes.

Takei amosou non ter moita simpatía pola franquía que protagonizan Robert Pattison e Kristen Stewart no cinema baseada nas novelas de Stephenie Meyer e pediulles aos fans das sagas de ciencia-ficción mais populares da historia, dous bandos historicamente enfrontados, que se unan contra unha ameaza que é «moi, moi mala«.
Le máis deste artigo »

Columbus adaptará a Xesús Cristo

Publicado o 09 Dec 2011

Christ the Lord: Out of Egypt

Christ the Lord: Out of Egypt

A 1492 Pictures e mais a CJ Entertainment veñen de se facer cos dereitos para levar á pantalla grande a novela fantástica de Anne Rice Christ the Lord: Out of Egypt.

O libro é o primeiro da saga dedicada a este personaxe e conta a historia de Xesús, o mítico deus dos cristiáns, cando tiña sete anos e abandona o seu fogar en Exipto, regresando coa súa familia a Nazareth. Alí descubrirá horrorizado que en realidade é o fillo dun poderoso e antigo deus e que debe morrer sacrificado para salvar aos seres humanos.

Cyrus Nowrasteh (The Stoning of Soraya M.) dirixirá o filme a partir dun guión que el mesmo escribiu xunto á súa irmá Betsy Nowrasteh. Chris Columbus, Michael Barnathan, Mark Radcliffe, Sean Lee, Patricia Chun e Keo Lee serán os produtores.

A secuela de Thor fica sen directora

A directora Patty Jenkins (Monster) xa non está ao mando da secuela de Thor para a Marvel Studios.
Le máis deste artigo »

Outra novela steampunk ao cinema

Publicado o 02 Dec 2011

Boneshaker

Boneshaker

A Cross Creek Pictures, o Exclusive Media Group e mais a Hammer Films unirán as súas forzas para produciren conxuntamente unha adaptación ao cinema de Boneshaker, a novela de ciencia-ficción steampunk da escritora Cherie Priest.

A novela está ambientada na década dos anos 80 do século XIX nunha era alternativa, na que Seattle foi amurallada para mante-la afastada do resto do mundo. No seu interior, un gas tóxico converteu aos escasos habitantes que sobreviviron en zombis.

No medio deste caos, unha xove viúva ponse a buscar ao seu fillo adolescente mentres debe tratar cos piratas aéreos, un xefe da mafia do crime e os refuxiados fortemente armados. O libro é o primeiro dunha serie titulada The Clockwork Century.

John Hilary Shepherd (Nurse Jackie) está a escribir a adaptación para a pantalla grande mentres que Tobin Armbrust, xefe de produción da Hammer, é o supervisor.
Le máis deste artigo »