culturagalega
consello da cultura galega

Woody Allen ao rescate

Publicado o 30 Xan 2012

midnightinparisAs candidaturas para a 83ª gala dos premios da Academia de Cinema, os populares Oscar de Hollywood, xa se deron a coñecer e os filmes Hugo e The Artist son polo de agora os grandes triunfadores con 11 e 10 candidaturas respectivamente.

Coma é habitual, as grandes producións do cinema fantástico ficaron fóra de todo tipo de candidatura, malia que son estas longametraxes as que cos seus grandes éxitos no despacho de billetes axudan a facer de Hollywood o lugar que é e danlle aos Oscars a relevancia que teñen. Este ano temos a relativa novidade de que entre os máximos candidatos hai dous filmes, Hugo e Midnight in Paris, que algúns consideran de xénero e outros non. Obviamente, para a crítica especializada ningún dos dous é cinema fantástico, porque se o for, non poderían propoñelos aos Oscars, pero para nós Woody Allen é a esperanza este ano, aínda que sexa cun filme do que, cando menos, podemos dicir que ten moita fantasía. Pola súa banda, Hugo, malia estar xusto na liña que divide o fantástico e o real, fica ao outro lado simplemente porque é unha historia que se pode explicar perfectamente sen acudir á fantasía en todo momento.
Le máis deste artigo »

A oportunidade de Frecha Verde na tele

Publicado o 20 Xan 2012

Capa do número 60 de Green Arrow

Capa do número 60 de Green Arrow

As canles The CW e Warner Bros. Television están a preparar un episodio piloto para unha nova serie de televisión titulada Arrow e que se baseará na personaxe de cómic da DC Green Arrow (ou Frecha Verde, na súa versión galega).

Greg Berlanti e Marc Guggenheim (Green Lantern) son os guionistas e produtores executivos xunto ao seu antigo compañeiro en Eli Stone Andrew Kreisberg.

A canle ven de dar por pechada a súa serie de Superman Smallville, que no mes de maio cumprirá 10 anos en pantalla. Nesa serie Justin Hartley interpretou a Green Arrow no papel dun playboy millonario que polas noites loita contra o crime enfundado na súa máscara. Nombergantes, Hartley non está vencellado a esta nova versión do personaxe.
Le máis deste artigo »

O rapaz luar cento por cento

Publicado o 16 Xan 2012

One Hundred Percent Lunar Boy

One Hundred Percent Lunar Boy

A Bazelevs, a compañía produtora de Timur Bekmambetov (Wanted), ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a novela de ciencia-ficción para adolescentes de Stephen Tunney One Hundred Percent Lunar Boy.

Edward Ricourt (Now You See Me) foi contratado para adaptar este libro, ambientado dous mil anos no futuro. Alí, un rapaz de 16 anos chamado Hieronymus Rexaphin, e que vive na Lúa xa colonizada polos homes, atopa unha rapaza da Terra que está vencellada a el dun xeito misterioso, por mor do seu poder para ver o futuro.

Bekmambetov producirá este filme épico sobre como uns adolescentes se fan maiores de idade xunto a Michele Wolkoff.
Le máis deste artigo »

Sherlock será o vilán de Star Trek 2

Publicado o 09 Xan 2012

Benedict Cumberbatch no seu papel de Sherlock Holmes

Benedict Cumberbatch no seu papel de Sherlock Holmes

Após dos seus recentes éxitos en War Horse e Tinker Tailor Soldier Spy e mais da súa interpretación coma Sherlock Holmes na serie da BBC Sherlock, o actor inglés Benedict Cumberbatch ven de atopar un novo xiro á súa carreira e pasarase ao fantástico grazas ao papel de vilán que lle foi ofrecido para o filme de J.J. Abrams Star Trek 2.

Cumberbatch acada deste xeito o papel para o que o mes pasado estaba a facer probas Edgar Ramirez e únese a un reparto de viláns no que xa figuran Noel Clarke, Alice Eve e Peter Weller. De todos os xeitos, a Paramount non fixo ningún comentario sobre esta última incorporación.

Abrams é o director do filme, que conta cun guión de Alex Kurtzman, Roberto Orci e Damon Lindelof. Este cuarteto será ademais o produtor da secuela de Star Trek xunto a Bryan Burk e David Ellison. A estrea está prevista para o 17 de maio de 2013.
Le máis deste artigo »