Sobre o autor
Fran Morell escrebe para as páxinas de culturagalega.org crónicas semanais nas que fai un percorrido polo máis interesante das novas xurdidas nos anteriores sete días arredor do xénero fantástico, o terror e a ciencia ficción en calquera das súas expresións: cine, tv, literatura, cómic, etc. Fran Morell é o editor da veterana revista electrónica Nova Fantasía escrita integramente en galego, e dedicada a difundir o xénero fantástico coa dobre intención de dignificar a nosa lingua e de dignificar o amplo mundo da Fantasía, vista dende todos os eidos posibles.


RSS
