Publicado o 06 Mai 2011
Continúa a controversia ao redor da produción do filme dos Vingadores após de que a semana pasada se soubera que a copia persoal do guión de Samuel L. Jackson (que interpreta a Nick Furia) fora roubada e se fixera pública, poñéndose mesmo á venda en varios sitios Web da Internet.
Por mor desta filtración, os produtores decidiron reescribir algunhas páxinas do guión, mesmo escenas que xa estaban rodadas. A mais salientábel delas é unha na que Bruce Banner convértese en Hulk mentres Iron Man e mais o Capitán América están atrapados no interior dunha caldeira xigante. A devandita escena foi eliminada.
Le máis deste artigo »
Publicado o 31 Dec 2010
A adaptación que está a preparar Ron Howard da saga de novelas de Stephen King A Torre Escura está a desatar toda caste de rumores en Hollywood. E aínda que coma rumores en si mesmos non teñen especial interese, o que polo menos podemos extraer é que todos eles apuntan a que será unha superprodución que se tomará moi en serio a adaptación dos libros ao cinema.
Así, contan que os axentes de moi diversos actores están coma tolos atendendo o teléfono e facendo chamadas para tentar meter aos seus representados no reparto, aínda que só sexa para unha breve aparición, dado que o filme promete ser un bombazo que asegurará moita fama e por suposto moitos cartos a todos cantos participen nel. Mesmo xa se comeza a falar da previsíbel continuación do filme en forma de serie de televisión.
Le máis deste artigo »
Publicado o 19 Nov 2010
O cineasta español Gonzalo López Gallego (El rei de la montaña, 2007) ven de se facer co posto de director para o thriller de ciencia-ficción Apollo 18 que producirá a empresa The Weinstein Company.
Trevor Caewood estaba orixinalmente vencellado a este proxecto, que ía dirixir utilizando a súa propia empresa de efectos especiais para poder abaratar esta longametraxe, que conta cunha fasquía tipo documental e debía estar lista para a súa estrea o vindeiro 4 de marzo. Nembargante, as cousas non puideron saír coma se agardaba e a súa empresa está ocupada noutros proxectos, polo que non poderá ocuparse deste filme. Le máis deste artigo »