culturagalega
consello da cultura galega

Os favoritos de.. Nalda

Publicado o 22 Xuñ 2007

Antes de bautizarse artisticamente como Nalda, moito antes de participar no disco de tributo a Andrés Dobarro, moito antes de estar próxima a gravar o seu primeiro disco, a nena viguesa Elena Sestelo bailaba soa na súa habitación escoitando no seu “walkman” unha vez tras outra unha cinta dos Beach Boys, o primeiro grupo que lembra que lle gustara. Agora a súa música viaxa pola rede e ela acada un posto na escena da música independente. Le máis deste artigo »

Os favoritos de… Pablo Bicho

Publicado o 15 Xuñ 2007

Como lle pasou a Josef K. na Metamorfose, Pablo Constela (A Estrada) non naceu como bicho, pero foi converténdose nel e agora é máis corrente coñecelo como Pablo Bicho. Este músico que ten tras de si un longo e intenso percorrido inicia agora unha etapa á fronte da Asociación Galega de Músicos Alternativos, ademais de seguir a traballar no seu proxecto persoal como músico profesional. Le máis deste artigo »

Os Favoritos de… Miguel Anxo Murado

Publicado o 08 Xuñ 2007

Miguel-Anxo Murado (Lugo,1965). Escritor, guionista de cine e televisión, realizador de documentais e xornalista. Ten máis de vinte obras publicadas e como xornalista cubriu diversos conflitos bélicos en Europa así como a Segunda Intifada palestina. A complicada zona do Oriente Medio foi o seu fogar durante varios anos e é un especialista en analizar ese difícil contexto xeo-político. Le máis deste artigo »

Os Favoritos de… Marcus Fernández

Publicado o 01 Xuñ 2007

Hai un galego na rede, o que é o mesmo que dicir no mundo, que se chama Marcus Fernández (Santiago, 1975) e que desde 2001 leva poñendo a máis avanzada actualidade tecnolóxica no noso idioma a través da revista Código Cero. Este home que podería moverse comodamente polos recunchos do mesmisimo Matrix tamén é que de realizar enxeñosas páxinas web e mesmo realizar programas de televisión. Le máis deste artigo »

Os favoritos de… Juan Rivas

Publicado o 25 Mai 2007

Juan Rivas (Vigo, 1974) leva nesto da música máis tempo do que parece pola súa xuventude. Agora asina o seu cuarto disco que destila optimismo e alegría baixo o explícito título de “Mundo feliz”. Con este bo comezo entramos no mundo de Juan Rivas para coñecer máis sobre el e as súas preferencias para andar pola rede. Le máis deste artigo »

Os favoritos de… Alex Sampayo

Publicado o 18 Mai 2007

Artista prematuro, Álex Sampayo (Lalín, 1978) colleu a súa primeira cámara entre mans aos catorce anos e desde entón ata agora xa non a soltou. A súa ollada do mundo a través do obxectivo valeulle múltiples recoñecementos e premios. A día de hoxe segue a crear personaxes e historias en movemento desde detrás da cámara para a televisión e o cine. Le máis deste artigo »

Os favoritos de… Pepe Carreiro

Publicado o 11 Mai 2007

Tres décadas leva Pepe Carreiro debuxando. Xornais, revistas e álbumes infantís de banda deseñada acolleron nestes trinta anos os traballos gráficos do ilustrador vigués, que na actualidade desenvolve a continuación dos seus proxectos dos “Bolechas” e “Os Barbanzóns”. Le máis deste artigo »

Os Favoritos de… Ignacio Chao

Publicado o 04 Mai 2007

Ignacio Chao salpica a súa historia de vida con moi diversas actividades e ocupacións. Poeta, tradutor, xornalista e editor, deste compendio sácase un perfil de persoa entregada á cultura do seu país. Os que o coñecen ademais remarcan o seu carácter sabio e sincero, afable e dilixente. Le máis deste artigo »

Os favoritos de… Agustín Fernández Paz

Publicado o 27 Abr 2007

Só a inxustiza coa que é tratada a literatura para lectores novos explica que aínda haxa que explicar a algunha xente que Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) é o narrador con máis éxito da nosa literatura. Desde esa premisa obxectivamente innegable achegámonos a este home cuxa calidade literaria só pode ser superada pola súa calidade humana. Le máis deste artigo »

Os favoritos de… Inma López Silva

Publicado o 20 Abr 2007

Escritora e crítica teatral, Inma López Silva (Compostela, 1978) ven de devorar a Gran Mazá e presentar o diario literario dese suculento banquete. Con “New York, New York” (Galaxia Editorial) baixo o brazo ábrenos o navegador da súa computadora e amósanos os seus sitios de referencia da rede. Le máis deste artigo »