culturagalega
consello da cultura galega

Os Favoritos de Anxo Sánchez

Publicado o 20 Set 2002

Anxo Sánchez é arquitecto, e non só remata aí o que hai que decir del xa que é unha persoa con moitas outras capacidades e sensibilidades, como o xornalismo ou a fotografía. Ademais ten unha boa relación coa rede que o leva a recomendar unha larga lista de páxinas para visitar.

Definir o que fai Anxo Sánchez (Lugo, 1973) é como querer poñer coto ó infinito. Porque o que fai Anxo é abranguer diferentes artes, disciplinas e facer delas unha forma de vida. Estudiou Arquitectura na Coruña, e sen embargo o seu devir profesional non sempre vai neste camiño, en parte pola propia dinámica da profesión. Entre os encargos que lle van xurdindo, compaxina ós traballos como infografista para outros arquitectos, co de bibliotecario na delegación de Lugo do Colexio Oficial de arquitectos de Galicia, onde elabora propostas de intervención urban de acordo ó convenio entre o Colexio e o Concello de Lugo, e tamén leva adiante o seu traballo controlando obras para a “Entidad para el control de la Calidad en la Construcción Galicia-Asturias”.
Pero como traballador todoterreo que é e persoa con inquedanzas tamén ten feito certos escarceos co xornalismo, formou parte da equipa de Xanela da Cultura, e como articulista de opinión sobre a arquitectura colaborou desde o primeiro número no suplemento “Descubrir” de O Correo Galego, e é membro fundador da revista “Apátrida Arquitectura”. A todo iso hai que engadir a súa afección á fotografía artística.

Entre os seus últimos traballos rematados está o anteproxecto dunha rehabilitación da casa preto de Begonte, unhas propostas no marco dun convenio entre o COAG e o concello de Lugo. Eso si, segue agardando ter “oportunidades como arquitecto para facer ARQUITECTURA, así, con maiúsculas”.

E a informática é unha parte do seu traballo, en parte polos consabidos programas que emprega no seu quefacer diario (autocad, 3D-Studio, Presto, CypeCAD), pero non remata só aquí, en parte polos seus propios intereses. O deseño de webs é outra das súas afeccións, ás que deberíamos engadir o cine, na que pertence ó colectivo Fonmiñá que é o organizador da Semana de Cine de Autor de Lugo e foi co-organizador da I Xornada de Cine Apátrida Arquitectura durante a súa época de estudiante na Coruña. Con web propia que lle ten facilitados certos traballos, emprega a rede desde hai máis de sete anos, como unha ferramenta imprescindible no día a día, “na procura de información especializada, arquivos, normativa ou simplemente entretemento”. E non só iso senón que atende “as comunicacións por correo electrónico ou entro no IRC-Hispano a conversar con xente (usualmente na canle #Galiza e nalgunhas nas que falan de cine)”.

 

 
http://www.imdb.com
Unha inmensa base de datos sobre cine, que serve para estar ó día e acadar información sobre películas, actores, directores, etc.
http://www.google.com
A versión en Galego do Google, que considero sen dúbida o mellor xeito de atopar algo na rede. É un buscador rápido, eficiente, e completo, amais de non distraerme con publicidade.
http://www.vieiros.com
Unha páxina que permite coñecer das novas dende unha óptica amena, variada e galega. É posiblemente o mellor dinamizador da internet galega.
http://www.rebelion.org
Sitio onde informarse da realidade que se agocha nesa parte do mundo que non sae nas novas dos telexornais.
http://www.mundoyerba.com
Paxina de humor dende Arxentina (dende a crise actualizase pouco), e un sitio onde botar un sorriso de cando en vez.
http://www.regalosdirectos.com
O sitio axeitado para visitar cando a un lle entra o pánico por gastar diñeiro en Internet, pódense acadar agasallos diversos e gratuítos.
http://revista.consumer.es/
Revista de consumo que analiza diferentes productos, informa de viaxes, hábitos de consumo e todo cun tratamento ameno e interesante.
http://www.todoarquitectura.com
Portal de arquitectura moi completo, unha visita obrigada para estar ó día neste tema.
http://www.soloarquitectura.com
Gran recompilación de ligazóns, axeitadamente ordenadas, así coma normativa, novas, arquivos, etc. relacionadas ca arquitectura.
http://www.bravu.net
Nos achega a un fenómeno musico-cultural de primeira magnitude social e case nulo apoio institucional
http://www.clavicembalo.com
Páxina do club que dinamiza a actividade musical, e boa parte da cultural da miña cidade, moito máis que un bar
http://astalavista.box.sk/
Buscador de cracks, páxina que eu negarei coñecer se algún día mo pregunta alguén da www.bsa.org pero que é moi recomendable para todos aqueles que non poidan pagar polos programas que precisan
http://www.xermolos.org
Páxina da asociación que organiza tódolos anos o festival de Pardiñas
http://www.anxo.org
E por suposto a miña páxina, na súa terceira versión na rede, que se actualiza cando o traballo me deixa tempo.