culturagalega
consello da cultura galega

Os Favoritos de Xurxo Lobato

Publicado o 01 Nov 2002

El é o home tras da cámara, o ollo público que retrata a sociedade é o mundo no que vivimos. Xurxo Lobato é o exemplo a poñer cando falamos de fotoxornalismo en Galicia. A súa cámara ten revelado o caracter de moitos personaxes e mesmo da sociedade moito mellor que follas e follas de literatura. Lobato fai bo o dito de que unha imaxe vale máis que mil palabras.

O fotoxornalismo ou xornalismo gráfico ten como referente inescusable ó nome de Xurxo Lobato. Polo obxectivo cámara de este coruñés veñen pasando desde fai anos as figuras máis importantes e os feitos máis relevantes, e el sempre conseguiu dotar ás imaxes dun grao superior de comunicación facendo bo o dito que afirma que unha imaxe vale máis que mil palabras. Baixo moitas das mellores fotografías saídas en xornais e publicacións galegas poderemos atopar o seu nome.
Colaborador gráfico en revistas de toda pelaxe coma “Vogue” “Geo” ou “Man Común”, Lobato tamén traballa con xornais nacionais e estranxeiros desde “El País” ata o alemán “Der Spiegel”, desde 1986 é xefe de fotografía do xornal “la Voz de Galicia” e coordinador da axencia Voz Noticias, e actualmente ten dentro do xornal o cargo de redactor xefe de Fotografía e Arquivo Gráfico. A revista “Foto” premiou o seu traballo elixíndoo “Fotógrafo do ano” en tres edicións consecutivas entre o 1990 e 1992.

Xurxo ten exposto a súa obra fotográfica en centros de arte de todo o mundo desde o Círculo de Bellas Artes de Madrid ou o Museum of Contemporary Photografy de Chicago ata na mostra de arte ARCO ou Centre de Photografie de Xenebra. A súa ollada artística e singular tan acompañado ás palabras saídas de plumas tan reputadas como Gonzalo Torrente Ballester, Jorge Semprúm, Manuel Rivas ou Suso de Toro, acadando coas imaxes un nivel de comunicación paralelo ó dos escritores cos que colaborase. Ademais son famosos, por non dicir míticos, os seus retratos e breves entrevistas ós personaxes máis senlleiros de Galicia coa serie publicada no xornal La Voz de Galicia, “Gallegos en la escalera”. A súa capacidade para retratar a esencia de Galicia a través das súas xentes e dos seus lugares sempre esta chea de significación e contido, como un dos seus futuros proxectos sobre un percorrido co río Miño como eixo vertebrado, no que leva anos traballando, que pretende “reflexar - segundo Lobato - a vida do arredor do gran río dos galegos”. Para a primavera do 2003 tamén está prevista presentación doutro dos seus proxectos con fotografías aéreas de Galicia, “unha mirada diferente desde o ar”.

Pero a súa actividade vai máis alá e asume as súas responsabilidades como profesional destacado no seu eido participando en actividades formativas e sociais, como a dirección e coordinación de seminarios sobre o fotoxornalismo, de feito agora mesmo ven rematar a organización do premio Ksado de fotografía da Deputación da Coruña, no que se incluíu un obradoiro co fotógrafo Bruno Barbey da Axencia Magnum no que xa se apuntaron preto de duascentas persoas. “É unha forma de ter acceso a máis coñecementos fotográficos - asegura Xurxo Lobato- e nese terreo sempre estarei pulando”. No seu uso de Internet, Lobato asegura tirar da rede para topar información nos xornais dixitais e para mirar fotos “que antes só podía mirar mercando libros”. Xurxo Lobato ademais dispón dunha páxina web propia - http://www.xurxolobato.com - na que da información sobre a súa persoa e o seu traballo, unha referencia sen dúbida indispensable para calquera interesado na fotografía e o xornalismo gráfico.

http://www.lavoz.com

http://www.acontrafio.com

http://www.xornal.com

http://www.anosaterra.com

Os informativos, unha maneira inmediata de estar informado e ademais de contrastar as novas.
http://www.fotoartus.com
Recoméndoo como lugar de compra

http://www.revista-foto.es

http://www.fotoforum.net

http://www.lafabrica.com

Espacios de encontro fotográfico

http://www.kowasa.com

http://www.railowsky.com

Librerías

http://www.magnumphotos.com

http://www.cover.es

http://www.corbis.com

Axencias onde mirar fotos.