culturagalega
consello da cultura galega

Os Favoritos de Marta Dacosta

Publicado o 08 Nov 2002

Marta Dacosta esta considerada como destacada representante do que algúns chaman “os poetas dos 90″. Gañadora de numerosos premios literarios pola súa obra poética, considerase como unha escritora en permamente construcción literaria.

Dicía o poeta ruso Vladimir Majakovskij que a arte non é un espello para reflectir o mundo, senón un martelo para bater nel, unha idea semellante manexa a viguesa Marta Dacosta cando di que procura escribir co corazón, “co firme propósito de revolverlle o estómago ao que se senta fronte aos meus poemas” Desde que en 1986 conseguiu o premio de poesía xuvenil do xornal A Peneira a súa actividade literaria foi continua, ela o describe como un estado de “permanente construcción literaria, sempre escribindo algún texto, aínda que sexa dunha forma esporádica e non metódica”. Froito desa continuidade foron outros premios como o do certame de poesía Rosalía de Castro de Cornellá en 1992, o premio O Grelo de 1993 polo poemario “Crear o mar en Compostela” e o González Garcés en 1995 por “Pel de ameixa” . Marta Dacosta é a primeira muller en ter recibido o premio Martín Codax coa obra “Setembro” en 1998, e o ano seguinte obtivo o accésit do premio Esquío con “En atalaia alerta”. Un curriculum como poeta que hai que completar coa súa actividade docente de profesora de lingua e literatura galegas no ensino medio.

Proximamente vaise publicar en Espiral Maior o seu último libro “As amantes de Hamlet”, un conxunto de poemas que xiran ao redor de figuras femininas e que nace da relación entre poetas e sucidio, “aínda que no libro aparecen moitas cousas máis como a mitoloxía como fonte de alimentación, pero tamén como creación propia, unha mitoloxía de orixe culta e literaria, e tamén popular e lendaria.”.

Considerada por algúns como destacada representante dunha xeración coñecida como “os poetas dos 90″, Marta Dacosta mantivo contacto con outros escritores da súa promoción durante a súa etapa de vida en Compostela, alí coñeceu a Rafa e Miro Villar, Estevo Creus, Chus Pato, Emma Couceiro e outros moitos que xa son coñecidos no mundo da poesía actual. Froito desta relación saíron distintas iniciativas, a más ambiciosa delas, e máis recente, a colección de poesía Letras de Cal, unha plataforma editorial para a publicación da obra de poetas novos que teñen difucltade para ser publicados nos cuces convencionais das editoriais. A avaliación posterior do resultado Marta calificaa como moi boa, ” neste momento hai xa varios títulos na rúa e a colección ten unha calidade notable”, asegura.

http://www.vieiros.com
Para a información do país
http://bvg.udc.es
A biblioteca virtual galega, para ir vendo con vagar cada unha das páxinas e para coñecer as novidades sobre os autores e autoras.
http://www.galizacig.com
A central sindical á que pertenzo e que creo que recolle na súa páxina moita información de interese, sen ir máis lonxe recentemente traía a historia do sindicalismo nacionalista, onde puiden repasar, xa desde outra óptica, acontecementos que me foron próximos cando só contaba con seis anos.
http://www.corevia.com/teatrobruto/
Páxina da compañía de teatro Teatro Bruto que inclúe a publicación de varios libros de poesía.
http://www.ctv.es/USERS/mforca/home.htm
O Ximnasio de Academo onde podemos consultar información variada, sempre ao redor do mundo da literatura galega, a nosa paixón.