culturagalega
consello da cultura galega

Os Favoritos de María Ruído

Publicado o 06 Nov 2003

Artista plástica e escritora, María Ruído ven desenvolvendo desde hai tempo proxectos interdisciplinares sobre a elaboración social dos corpos e das identidades sexuais no ámbito de debate dos novos feminismos.

María Ruido (Ourense, 1967) é artista e escritora. Desde 1995, desenvolve
proxectos interdisciplinares sobre a elaboración social dos corpos e a(s)
identidad(es), e sobre as formas de construcción da memoria colectiva e

personal, fundamentalemente a través do vídeo, a fotografía e a
fotomontaxe.
Actualmente vive e traballa en Madrid, onde imparte clases de Narrativas
Audiovisuais e de Hº do Videoarte no Istituto Europeo di Design, e é,
ademais, profesora invitada en cursos de postgrado e doutoramento na
Universidade de Vigo e na UCM.

Ven de sacar do prelo dúas publicacións: unha é a rescritura da súa tese
doutoral, “Plural-Líquida”, sobre a incidencia do feminismo na
representacion dos corpos a partir dos anos 60 , e a outra, un estudio critico sobre a artista cubana Ana Mendieta. María está agora traballando con Uqui Permui nun proxecto de coordinacion e creacion chamado “corpos de produccion”, un proxecto de arte publico na cidade de Santiago cun seminario de traballo para finalizar un ano de traballo que tara lugar en febreiro do 2003, e cuias liñas principais son a confluencia de practicas politicas e practicas artisticas no espacio publica, e a posibilidade de construir novas formas de visibilidade dos corpos neste espacio.
Ó mesmo tempo, esta rematando en Barcelona a edicion dun proxecto no que
leva implicada 2 anos, “La memoria interior”, sobre a ultimamente “moi

interesadamente” esquecida memoria na nosa propia emigracion a partir da
súa propia familia, sobre a construccion da memoria colectiva e personal , e sobre as formas de narrar a historia.

María Ruído usa Internet para informarse, e especialmente para comunicarse con outras persoas. ä hora de usar da información en Internet, María sinala “o interes dalgunhas paxinas que fan o que se chama “contrainformacion”, e que a min me serven para informarme e para coñecer outras perspectivas que non son as das grandes multinacionais da noticia.Ademais teñen a posibilidade de poder editar as nosas propias noticias, e convertirnos no que todas e todos somos, suxeitos da historia”.

http://www.nodo50.org/
Proxecto autónomo de contrainformación telemática orientado aos movementos sociais, un servidor de Internet onde conflúen voces antagonistas e alternativas desde un amplo espectro político.
http://www.rebelion.org/
Xornal electrónico de información alternativa

http://www.hartza.com/
Paxina social de Hartza (Oso), con material político explícito e colaboracións sobre todos os temas a xeito de e-zine.
http://www.griesca.org
Contra-información crítica na rede
http://www.indymedia.org
Centro de medios independentes. Unha alternativa comunicativa global ao imperio dos grandes media
http://www.sindominio.net/
Por un dominio antagonista en Internet, pola necesiade de comunicar libremente.