Os favoritos de Xabier Díaz
Xabier Díaz ven de presentar recentemente o seu primeiro traballo discográfico “Músicas de Salitre”, entre actuación e actuación navega pola rede. Estes son os seus sitios web favoritos.

Xabier Díaz anda nestes días enleado en presentar en directo o seu primeiro traballo discográfico “Músicas de Salitre” e en preparar composicións para o seu seguinte disco. Xabier leva a voz cantante na compañía Nova Galega de Danza coa que foi finalista nos premios Max 2005 como Mellro Espectáculo Revelación do ano. Xabier foi membro fundador do grupo Rumbadeira e traballou como colaborador en traballos discográficos e en directos de Berrogüetto, Os Cempés, Amancio Prada, Luar na Lubre, etc.
“Músicas de Salitre” é o seu primeiro traballo discográfico e nel conta coa participación do guitarrista Guillermo Fernández, do seu encontro xorden un feixe de salgadas cancións musicadas entre os dous, sobre textos de Xabier e outros autores galegos. Un traballo que formará parte da música popular galega do século XXI e que nesta tempada sube a moitos escenarios.
Xabier recomenda visitar:
www.kurtelling.com
A páxina dun grande cantante de jazz , para mín o millor dos contemporaneos .
Un dos novos valores da música do Brasil, enxeñoso, moderno, con identidade propia .
www.ghastaspista.com
Punto de encontro de moitos músicos galegos, información de novidades, concertos etc .
www.folque.com
Características semellantes a ghastaspista, ademais unha interacción tipo blog.
www.djavan.com.br
Un dos grandes do brasil, impresionante traxectoria, repertorio, información sobre a sua actividade.
http://www.xabierdiaz.com
Con humildade imos plantando cousiñas na nosa leira dixital. Aquí estamos para o que precisedes.


RSS