culturagalega
consello da cultura galega

Os favoritos de Xurxo Lobato

Publicado o 22 Xull 2005

Referente obrigado do fotoxornalismo galego, Xurxo Lobato (A Coruña, 1956) leva desde 1977 poñendo o seu ollo ao servizo do público para o coñecemento e interpretación da actualidade. Xurxo comparte con nós o seu ollo, posto agora na procura de sitios de Internet que poidan sernos de utilidade para entender a actualidade ou achegarnos á arte.

Atopamos a Xurxo Lobato moi atafegado coa preparación do seu discurso de entrada na Real Academia de Belas Artes “Nosa Señora do Rosario”, onde vai ter a partir de outubro o cometido crear unha nova área de imaxe. A súa dupla faceta artístico-xornalística cultivada con paixón e bo facer levouno recentemente a ser elixido para ocupar unha cadeira nesta institución, sendo o primeiro fotógrafo que accede a ela. Xurxo Lobato estudou en Santiago Xeografia e Historia, na especialidade de Historia Contemporánea, e cozou a traballar en prensa en 1977 podendo presumir de ter publicado o seu traballo en xornais e revistas como Teima, “El País, Cambio16″, Vogue, Geo, Der Spiegel, El Mundo, La Vanguardia, El Periodico, El Dominical, El Semanal, National Geographic, Viajar, Capital… ata fai uns meses estivo como redactor xefe de fotografía de La Voz de Galicia. Pero este fotógrafo de recoñecido prestixio e ampla traxectoria ten entre mans máis proxectos en forma de libros fotográficos, un sobre o “Couto mixto” con textos de García Maña e de próximo lanzamento a través de Edicións Xerais, e outro libro cos súas imaxes de “El Bierzo”. Pronto poderemos gozar destes e outros traballos deste home da cámara, polo de agora podemos gozar coas súas suxestións de Internet.

Xurxo recomenda visitar:

www.xornal.com
A información desde un punto de vista diferente os medios escritos galegos. Outra información é posíbel.

www.fotoartus.com
A mellor tenda de fotografía en Galiza que compite coas mellores de España.

www.cover.es
Unha axencia de información gráfica independente. A mellor de España.

www.revista-foto.es
A revista mais lida de fotografía en español dirixida
por un galego, Manuel Lopez.

www.xurxolobato.com
Terei que facerme algo de propaganda.

www.anosaterra.com
O xornal en galego que todos deberiamos ler.

www.magnumphotos.com
Un pracer visual ver os grandes da fotografía.