culturagalega
consello da cultura galega

Os favoritos de Marga do Val

Publicado o 07 Out 2005

Marga do Val usa do apelido herdado da súa nai e da súa avoa para presentar a súa escrita creativa. Baixo o nome Marga Romero asina traballos de crítica literaria como o recente perfil biográfico e esencial de Lorenzo Varela editado por A Nosa Terra. Vivindo a medio camiño en Alemaña e Galicia traza coas súas recomendacións da web un prisma rico e diverso.
Marga do Val, escribiu unha novela O prognóstico da lúa (Edicións Obradoiro- Santillana), un poemario froito das intensas relacións coa escritora portuguesa Paula de Lemos na cidade de Tréveris, escrito a catro mans, desde dúas poéticas e dúas linguas co título de Entre dunas (Espiral Maior) e unha biografía para a colección Mulleres (A Nosa Terra) Carolina Otero. Participou con poemas en antoloxías que recollían iniciativas de protesta contra a marea negra do Prestige, de diversas asociacións como a AELG ou Burla Negra. Traballou a escritura dramática con dúas obras para a Companhia Arte Livre do Brasil, dirixida por Roberto Cordovani, que foron representadas por moitos lugares de Galiza, Portugal e Espanha. As obras “La belle Otero. O corpo que fala” e “Aurora Rodríguez e a súa boneca de carne”, nunca se cansará de dicir que é o proxecto creativo máis gozoso no que participou e que entre os seus proxectos está escribir dúas novas obras para esta compañía teatral, dos que non desexa falar.

Nestes momentos, o proxecto máis inmediato é escribir un único poema na memoria de Anxel Casal, para o libro homenaxe que prepara a AELG. “Non son capaz de falar dos meus proxectos, xa que aínda que traballo moito e escribo todos os días, non podo vivir sen facelo, nunca falo das actividades literarias nas que ando enredada. Sen entrar en profundidades, ensaios sobre a relación literaria entre Alemaña e Galiza, un libro de poesía, un libro de viaxes, etc… Mais estas son cousas que vos podería contar xa hai anos. O proceso da miña escrita conclúe no momento no que as letras asentan no papel despois de moitas voltas e reviravoltas, no tempo e tamén no espazo. A lentitude preside todo este tempo que dura anos até o momento frenético da nacencia das palabras.”
Marga vive entre Alemaña e Galicia así que as súas viaxes polo ciberespazo tentan achegar estes dous mundos.

Malia a dificultade que se lle presenta por ter que escoller, estas son as súas escollas:

www.vieiros.com
Segue sendo indispensábel xa que desde este lugar entro en toda Galiza cando estou fóra. Tamén recibo información a través de www.culturagalega.org e www.rebelion.org .

bvg.udc.es
É a Biblioteca Virtual Galega preparada desde a Universidade da Coruña indispensábel, se te atopas fóra e queres saber das novidades das nosas letras. Conta cun fondo importante de textos creados para esta bilioteca que non se poden achar noutros lugares.

www.bivir.com
É a biblioteca virtual da Asociación de Traductores que nos ofrece obras da literatura universal en galego.

www.sapo.pt
Para viaxar polo mundo da lusofonía nada mellor que este sitio. Desde aquí achamos marabillas como o Projecto Vercial, a biblioteca virtual das letras portuguesas, a que tamén podemos chegar se entramos en web.ipn.pt/literatura, para atoparmos fermosas sorpresas.

Andar21
Unha páxina elaborada desde Galiza por persoas amantes da poesía e poetas que tratan de difundir desde o internacionalismo moitas voces, persoas libres.

www.geocities.com/~rebra
Rede de Escritoras Brasileiras.

www.feminismo.org
Desde a páxina abrimos moitas fiestras para o movemento feminista galego e para a organización da Marcha Mundial das Mulleres.

www.nodo50.org/mujeresred
Outras moitas fiestras ábrense desde aquí

www.galeon.com/bvchomsky
A Biblioteca Virtual Noam Chomsky.

www.archivosurrealista.com.ar
www.letraslibres.com
www.revistametropolis.com

Para conectarme cun pensamento máis libre e que trata de recuperar a memoria, adoito viaxar a través destas canles.

www.alasbarricadas.org/ateneo
Para entrar nun verdadeiro ateneo libertario en rede.

www.fundanin.org
Da Fundación Andreu Nin.

www.laic.org
Fundació Francesc Ferrer i Guardia, que nos ofrece desde o laicismo proxecto de renovación pedagóxica.

www.memoriahistorica.org
ou
www.brigadasinternacionales.uclm.es
Sobre a memoria histórica, recomendo estas dúas páxinas.

www.nanoreisen.de
Se non desexades movervos da vosa cadeira e queredes realizar unha viaxe alucinante aos mundos máis diminutos recoméndovos de maneira obsesiva esta páxina.

www.wdr5.de/funkhauseuropa
Cando me atopo fóra de Alemaña visito as páxinas, esta é unha radio multicultural que nos traslada en moitos idiomas a outras partes.

www.literaturcafe.de
Recolle na rede o mellor dos cafés literarios, a leitura en voz alta, con este método melloramos o alemán.

www.weingut-axel-schmitt.de
De maneira especial para as persoas amantes do viño recoméndolles a visita da páxina do meu veciño en Alemaña, el é un dos mellores na colleita e elaboración de viño ecolóxico, a familia foi precursora nesta cultivo