culturagalega
consello da cultura galega

Os favoritos de Fran Pérez / Narf

Publicado o 04 Nov 2005

Coma nun palíndromo o músico Fran Pérez dálle a volta ao nome para asumir a súa identidade máis sintética e acústica como Narf. O artista compostelán ten unha longa traxectoria no teatro e no rock como colaborador do grupo de Chévere e integrante da banda Psicofónica de Conxo.
Compositor da música de moitos espectáculos teatrais galegos e portugueses, Fran Përez leva unha longa andaina artística. No seu haber está o formar parte da Psicofónica e a banda sonora de moitas producións do grupo teatral Chévere, así como a composición e dirección musical do CD O labirinto dos soños.

Despois dunha aventura musical chamada mundo café, na que compartía espazo escénico con Jabier Muguruza e Miquel Gil, Fran segue a presentar o seu primeiro disco “NARF, fran pérez directo en compostela” en diversos concertos e espectáculos, como a xira en solitario que agora o leva por teatros da “rede comum” en Portugal. Fran aproveita os concertos para acabar de pulir os temas que farán parte do seu segundo disco. O músico ven de realizar unha gravación dun dos temas novos, “Quero ser Tambor”, cunha formación de seis músicos como proxecto da produción, e o tema será presentado como single en breve.

“Para esta tempada teño moitos proxectos” asegura Fran, “O máis inmediato é unha viaxe a Mozambique” que será este mesmo mes.”Vou preparar cos membros do grupo Timbila Muzimba un espectáculo que será presentado en Santiago e en Lugo no mes de Maio, dentro do festival de músicas do mundo que programa a Universidade de Santiago todos os anos. Será un híbrido NARF- Timbila Muzimba que creo que vai resultar moi interesante e orixinal.” Neste mes tamén poderemos ver a Fran en Pontevedra dentro do espectáculo “Ao pé da letra”, compartindo palco con outros artistas galegos e en decembro participará con Uxia, Lenine, Dulce Pontes e outros artistas lusófonos no espectáculo “Cantos na maré” tamén en Pontevedra.

A formación dunha nova banda para gravar con eles o novo disco tamén está entre os seus proxectos. O próximo outono é o momento no que prevé gravar ese novo disco. Agora Fran /Narf está compoñendo unha banda sonora para o espectáculo teatral “Materna doçura”, “unha nova produción do Trigo Limpo teatro ACERT de Tondela que estreará en decembro.”

Despois de recoñecer que dedica moito máis tempo a tocar a guitarra e compoñer que a navegar por Internet, como é natural, pero,” buscando información sobre África para a miña viaxe atopei algunhas cousas interesantes.”:

“Un día en Africa”
O 28 de febreiro de 2002 varios fotógrafos de diferentes países fotografiaron esceas en diferentes países Africanos , ao longo de todo o continente e as illas.Algunhas imaxes son de extraordinaria beleza.

http://allafrica.com/
A maior fonte electrónica de noticias e informacións sobre Africa.

www.eshopafrica.com
beadsforeducation.org/

Con sede en Gana e en Kenia. Son iniciativas na rede que pretenden buscar formas de financiamento de escolas ou hospitais a través das venta de productos artesanais, cerámicas instrumentos xoias, etc. A artesanía africana é fascinante. Vale a pena botar un olho.

www.falcatruada.com
Noutra orde de cousas, que xa teñen máis que ver con música hai algunhas direcciós de portais galegos que está ben visitar, por exemplo esta que está moi ben e ademáis está en galego.

desconcierto.com
Existen outros como esta