culturagalega
consello da cultura galega

Os favoritos de Roberto Salgueiro

Publicado o 16 Dec 2005

Director da Aula de Teatro da Universidade de Santiago desde 1990, Roberto Salgueiro vai celebrar os quince anos deste proxecto de formación coa representación, o vindeiro día 21 de decembro, de “O velorio de Pat O’Connor –pequeno divertimento-“.
Roberto Salgueiro acredita un importante palmarés como autor teatral, de feito ten gañado en tres ocasións o Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais. En 1988 gañou a primeira edición deste galardón coa obra “O arce do xardín”, estreada posteriormente polo Centro Dramático Galego baixo dirección de Roberto Cordovani. Na seguinte edición quedou finalista coa obra “Historia de Neera”. No ano 2000 volve recibir o Álvaro Cunqueiro pola súa obra “Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado”, estreada por Nordesía Produccións baixo dirección do propio autor. En 2003 volve acadar este galardón pola obra “Moliére final”. Polo medio, no ano 2001, quedou finalista no Premio Rafael Dieste coa obra “Matanza”, estreada pola Aula de Teatro da USC baixo a súa dirección.

Ë neste proxecto teatral formativo ao abeiro da institución académica onde leva quince anos traballando e creando actores e público entre a comunidade universitaria. Será 0o vindeiro día 21 cando celebra este aniversario subindo o pano da obra “O velorio de Pat O’Connor-pequeno divertimento-“. Para esa mesma semana tamén prepara Roberto un dos proxecto común a moita xente por estas datas “unha boa cea cuns amigos”. Ademais diso Salgueiro ven de rematar a escrita dun texto teatral e un artigo de prensa e prevé presentar proximamente un ensaio sobre o nacionalismo.

Roberto asegura que el non é moi navegante de Internet, “nin sequera en clase turista”. Os únicos enderezos que di visitar a cotío son os seguintes:

www.es.amnesty.org
Amnistía Internacional

www.bnf.fr
A páxina da Biblioteca Nacional de Francia, onde podes acceder a textos colgados na rede imposibles de atopar en librerías.

iberlibro. com
www.zvab.com
www.bibliorare.com
www.livre-rare-book.com

Lugares onde podes atopar os libros máis raros, antigos, descatalogados, etc. Para libros de teatro do XVIII e XIX recomendo especialmente bibliorare.com

www.dipalme.org/mojacar
Recomendo tamén botarlle unha ollada a Mojacar, unha pequena vila no costa de Almería moi recomendable para descontaminarse.