culturagalega
consello da cultura galega

Os Favoritos de Xandra Tedín

Publicado o 17 Feb 2006

É a muller que dá a cara no programa Miraxes que emite a Televisión de Galicia desde o pasado 14 de xaneiro. Xandra Tedín (Lexas, 1976) é redactora e co-presentadora deste espazo para todas as disciplinas da cultura galega que podemos ver sábados e domingos ás 15:30 horas.
Licenciada en Ciencias da Comunicación pola USC, Xandra comezou a súa andaina no mundo televisivo desde antes de rematar a carreira a través das prácticas como estudante. Traballou de guionista en magazines como o “¡Que serán?”, nos informativos territoriais de Televisión Española en Galicia, en series documentais como “Europeos” ou “En feminino”. É autora do guión e idea orixinal do documental “A outra Galicia” (Saga Tv ,2001), un achegamento á histórica rexión de Galitzia, hoxe dividida entre Polonia e Ucrania; co-directora, con Ovidio Fernández, do documental “As mans dun pobo”, no segundo aniversario da catástrofe do Prestige. Dende hai pouco incorporouse á Televisión de Galicia, na súa nova etapa co programa Miraxes do que é redactora e co-presentadora.

Nos vindeiros meses Xandra Tedín seguirá dirixíndose a nós cada fin de semana desde esa plataforma da cadea autonómica e achegándonos a todas as disciplinas culturais posibles.

Os favoritos de Xandra Tedín son os que seguen:

www.yahoo.es
Co encarecemento inmobiliario e laboral, o correo electrónico é básico para sobrevivir. Non hai que cambiar de dirección con cada mudanza…

revista de prensa:
www.elpais.es
www.lavozdegalicia.es
www.vieiros.com
http://news.bbc.co.uk/

, etc etc…procuro mirar as portadas tódalas mañás.

www.arredemo.info
E despois, e enterarme que pasa entre a “gentalha”, o underground galaico.

www.aduaneirossemfronteiras.org
Estou enganchada ao seu concurso de fotografía anecdótica…

www.google.es
Ai! que sería dos xornalistas sen o “gugel”.

www.compostelacultura.org
Preciso unha axenda para organizarme e esta dáme moitas ideas sobre que facer no meu tempo libre en Compostela.

www.easyjet.com
www.ryanair.com

Son asidua visitante dos seus mostradores cibernéticos, e tamén dos de pago por sobrepeso (e estes si que non son virtuais…)

www.culturagalega.org/album
Soño co día que exista un arquivo de mulleres amplo e tan accesible coma este. Parabéns pola idea e adiante!

www.crtvg.es
Non é que a consulte moito, pero para quen aínda non se enterou da nova programación cultural de fin de semana…