culturagalega
consello da cultura galega

Os Favoritos de… Sevigny

Publicado o 24 Feb 2006

Detrás do disco “Melalcoholic” (Falcatruada, 2006) está Sevigny, e detrás desta identidade está Lucía Rolle. Esta artista ven de presentar esta semana no pub Candonga de Lugo este seu primeiro disco gravado polo mesma discográfica da que é parte e na que traballa.

Lucia Rolle non dubida en dicir que o disco que ven de presentar en concerto esta mesma semana é o seu “primeiro fillo musical”. Oito cancións en inglés, evocadoras de atmosferas intimistas e nas que podemos distinguir os sabores e os efluvios de estilos como o jazz, a bossa, o pop ou o folk americano dan corpo ao disco “Melalcoholic” de Lucía Rolle como Sevigny. Este traballo inicial de magnífica calidade sonora está gravado nos Estudos Abrigueiro, de Friol. Nel flota un ambiente de melancolía agridoce que sen dubida ten moito que ver co nome do álbum.

Lucía “Sevigny” Rolle, dedícase a música, e non só como artista que agora comezará despuntar, senón tamén desde o eido empresarial formando parte da produtora discográfica Falcatruada da que forma parte cos seus socios Sergio Lago e öscar Donsión e que xa leva catro anos traballando no sector musical galego apoiando proxectos musicais e discos como os de Lamatumbá, Islabikini, Silvia Penide, Talesien e outros moitos artistas que están a consolidar as súas propostas musicais e que son parte indispensable do futuro musical do país, como ela mesma. Lucía está a preparar máis fondamente a posta en directo do disco para futuros concertos que dos que de seguro poderemos gozar proximamente.

Lucía recomenda visitar estas páxinas mentres poñemos de fondo a súa música:

www.txyeste.com
Nesta páxina podedes ver o traballo do fotógrafo Txema Yeste, que traballou para publicacións como Neo2, e empresas como Nike, Diesel o Zara. Fascíname concretamente na sección editorial o traballo “La viuda” que se presenta co audio de “Alfonsina y el mar”.

www.poster.com.pl
Extensa galería de ilustración de carteles polacos de cine, teatro, música, circo…

www.banksy.co.uk
Graffitero que emprega o estarcido para facer denuncia social.

www.calicoelectronico.com
Segue as aventuras flash do superheroe que todo o arranxa cos gadgets de electrónicaweb.

www.clubcultura.com/clubcine/clubcineastas/isabelcoixet
Páxina oficial da cineasta Isabel Coixet. A través do seu alterego Miss Wasabi, fala das súas películas, escribe artigos, recomenda discos, libros, fai entrevistas…

www.album06.com
Webcine cultural galego.

www.sevigny.ws
E por suposto a miña.jeje. Para o que queira escoitar a miña música.