Warning: include(http://www.culturagalega.org/cabeceira-especiais-culturagalega.php) [function.include]: failed to open stream: HTTP request failed! HTTP/1.1 404 Not Found in /var/www/html/conculga/html/opinion/wp-content/themes/ministry-free/header.php on line 34

Warning: include() [function.include]: Failed opening 'http://www.culturagalega.org/cabeceira-especiais-culturagalega.php' for inclusion (include_path='.:/usr/share/pear:/usr/share/php') in /var/www/html/conculga/html/opinion/wp-content/themes/ministry-free/header.php on line 34

Os favoritos de… Helena González

Publicado o 22 Dec 2006

Desde Barcelona Helena González (Vigo, 1967) mantén unha importante presenza e constante atención sobre a cultura galega. Colaboradora habitual en medios convencionais e dixitais o seu traballo e as súas inquedanzas pivotan entre dous eixes básicos que son a literatura e o feminismo activo.
Helena desenvolve a súa vida profesional na Universidade de Barcelona, onde é Profesora de Literatura Galega e investigadora do Centre Dona i Literatura. Ten publicado varias monografías e artigos sobre literatura galega de mulleres, poesía galega e literatura contemporánea. Agora está a traballar na tradución ao castelán do seu último libro publicado “Elas e o paraugas totalizador. Escritoras, xénero e nación” (Xerais, 2005), no que recolle e artigos propios buscando achegar “unha visión disconforme dun momento espléndido para a escrita violeta en Galicia. – di Helena- Se cadra porque temos moi á man estas poetas, non nos decatamos de que os seus traballos son poderosamente innovadores e, sobre todo, que se converteron nun fenómeno singular que conseguiu modificar as regras da literatura na que se inscriben”.

Colaboradora habitual de medios de comunicación, forma parte do consello de redacción do Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos e é codirectora de Lectora. Revista de Dones i Textualitat da que está a sacar do prelo o número 12, “que conta con interesantes colaboracións, algunhas delas galegas (M. Xosé Agra, Carmen Blanco, Beatriz Suárez Briones), sobre os retos dos feminismos no século XXI.” Colabora tamén no “Diario Cultural” da Radio Galega e fai crítica de poesía na revista Grial, tamén ven colaborando habitualmente coa redacción de Vieiros Barcelona.

Por outra banda, Helena ten en proceso de publicación varios artigos sobre a poesía recente escrita por mulleres “onde estudo aspectos como o corpo e o desexo na súa interpretación menos hedonista na obra de Emma Pedreira e María Comesaña, a conflitiva cuestión da aparente normalidade da presenza das escritoras na literatura, e a linguaxe como reto en Chus Pato, Xela Arias ou María do Cebreiro”. Este traballo enmárcase nun proxecto sobre literatura, muller e nación en Irlanda e Galicia que dirixe Manuela Palacios, da USC. E finalmente, aínda que é un traballo máis técnico, como Coordinadora de Tecnoloxías e Comunicación do Centre Dona i Literatura está a traballar nunha base de datos bibliográfica da crítica feminista e de xénero catalogada e comentada desde o punto de vista do xénero.

Na rede de Helena teñan lugar destacad as seguintes propostas:

Les Penélopes
Magnífico para seguir a actualidade do feminismo no mundo e polo tanto, para evitar os riscos de mirar o mundo só desde ese territorio ideolóxico que chamamos occidente.

Floria Sigismondi
Para descansar da palabra, arte por internet. Sigismondi é unha artista polifacética e autora de vídeos musicais impresionantes…

Vieiros Barcelona
Unha sorte de axencia galega de noticias desta activísima vila galega que é Barcelona (¿a “sexta provincia”?).

Album de mulleres
Un exemplo de cómo crear redes de complicidade para recuperar e visibilizar esas mulleres que pasan con pés de lá pola historia de Galicia.

Revista Andaina
É case un milagre que este tipo de revistas sobrevivan de maneira tan activa, pero hoxe en día son máis eficaces en liña. Sen dúbida é un referente para crear opinión e debate no feminismo galego.

Festa da Palabra
Revisar os seus números, especialmente os primeiros, é case como asistir en directo aos debates da creación dun espazo feminista na literatura galega. Ogallá que axiña se poidan consultar máis contidos na web.

Lectora. Revista de Dones i Textualitat
Revista especializada plurilingüe (tamén inclúe o galego), sobre crítica feminista. Nos vindeiros números a presenza de investigadoras galegas vai en aumento (descúlpese a vinculación…)

Catálogo en liña de Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela
Que si, que é un dos recursos en liña que máis emprego porque ripa os contidos das revistas. Á espera de que poida entrar en funcionamento unha Biblioteca Nacional de Galicia, física e virtual, este catálogo cobre necesidades.