Os favoritos de… Santy Gutierrez
Desde o pasado ano o nome de Santy Gutierrez (Vigo, 1971) ten sitio propio na Gran Enciclopedia Galega. Este debuxante de produción diaria visible en moitos xornais presentou recentemente o seu primeiro libro recompilatorio de humor gráfico que se distribuíu co xornal El Progreso. Santy tamén experimenta co debuxo noutros formatos e soportes e demostra un amplo coñecemento da rede.
Con “Licencia para incordiar”, o recompilatorio de humor gráfico de Santy Gutierrez a edición do día del progreso aumentou nun vintecinco por cento, esgotando este libro no que o debuxante deixa claro a súa capacidade para ollar a actualidade desde o humor. Actualmente son moitas as persoas que almorzan cada día cun sorriso provocado polas estampas que o debuxante publica nos xornais La Opinión, Atlántico Diario, La Región e El Progreso. Unha actividade que comezou fai catorce anos en El Correo Gallego e coa que conseguiu o primeiro premio de dous accésits no Concurso Nacional de Humor Gráfico “J&B. Joven & Brillante” no 2001. No seu palmarés, pero neste caso polo formato de caricatura, tamén ten o primeiro premio da Bienal da Caricatura de Ourense en 1998.
Desde o Estudio Baobab que comparte con outros profesionais das artes gráficas, Santy traballa diferentes formatos relacionados co debuxo, ademais do devandito humor gráfico e a caricatura tamén fai ilustración de libros e banda deseñada. Ten publicado obras con Edicións Xerais en libros de texto e nalgún título da colección Merlín. Ten desenvolvido story-boards para publicidade de TV e participou nos proxectos de cómic “BD Banda”, “H2Oil” e “Barsowia”. Agora está iniciando tamén un camiño percorrido por non poucos debuxantes, o da animación. Xa anteriormente traballara no audiovisual a través de story-boards para publicidade e no espazo televisivo “Enerxía viva” de Voz Audiovisual para TVG no que fixo debuxos para unha pequena sección de animación. Agora mesmo está a traballar coa mesma produtora unha serie de animación que se distribuirá directamente en DVD.
No tinteiro de Santy Gutiérrez quedan moitas cousas por ver e ler, proxectos a medio rematar e outros que agardan momentos mellores para saír á luz , como a historia de banda deseñada “Nina”, da que xa nos dera noticia nesta mesma sección o xornalista Oscar Losada, e que baséase nun relato de xénero “negro” do propio Losada. Ante a ausencia de interese por parte das editoriais o proxecto quedou parado sen data de continuidade.
Pola rede Santy móvese nos seguintes locais:
www.santygutierrez.com
é a miña propia páxina, nela atoparedes galerías cos meus distintos campos de traballo e dous blogs: un de bocetos e outro de noticias para manterse ao día.
www.baobabestudio.blogspot.com
o blog do estudio BAOBAB, do que son cofundador. aquí veredes os traballos dos meus compañeiros de estudio, todos eles excelentes profesionais.
macanudoliniers.blogspot.com
LINIERS conta as súas andainas diarias no seu BLOG. LINIERS é un dos máis incriblemente evocadores humoristas gráficos do mundo.
www.agpilustracion.org
páxina web da AGPI, a asociación galega de profesionais da ilustración. Imprescindible para saber o que se coce no mundo porfesional. e se te gusta o debuxo AFILIATE!!
www.claire-wendling.net
Calire Wendling, una das artistas máis influíntes e respectadas do momento.
www10.big.or.jp/~tuesugi/
O glamour, a elegancia e a clase dun dos ilustradores máis importantes do mundo.
www.dodecaden.com/Public/
Un xenio en todos os sentidos. Afincado en Alemaña, non deixa de lado aos seus amigos españois. É un gusto conocelo.
jacobofernandezserrano.blogspot.com
Un dos galegos que non poden faltar, poesía e delicadeza nun mundo onírico propio cheo de imaxinación.
http://detripas.blogspot.com
Outro galego imprescindible. Acedo e sentimental, áspero e sensible. Todo sentimento. Pureza e forza.
http://detripas.blogspot.com
Síntese de liñas, dominio absoluto do debuxo, imaxinería inagotable, pode que o galego mais influínte da nova xeración de artistas de aqui.
www.drawn.ca
Drawn, unha páxina onde estar ao día do quen é quen no mundo da ilustración.


RSS