Os favoritos de… Uqui Permuy
Uqui Permui (Barallobre, 1964) é ilustradora e creativa gráfica. No desenvolvemento destas facetas ten traballado con todo tipo de materiais e espazos. Exerce ademais de flamante presidenta da Asociación Galega de Deseñadores e forma parte tamén do Proxecto Edición. A súa selección na web é un paseo polo deseño e a arte.
No mes de febreiro presentouse a asociación profesional DAG que aglutina a máis de vinte deseñadores de Galicia. A creación foi o froito dun longo e arduo proceso e traballo dalgúns deles entre os que está Uqui Permui, que foi elixida polos seus compañeiros de profesión para presidir o colectivo que representa ao sector. Uqui, artista e deseñadora, desenvolve o seu traballo no estudio compostelán de deseño e comunicación visual UquiIIIIICebra no que ten contribuído na creación de campañas gráficas ou audiovisuais e imaxes corporativas para empresas e institucións.
Cústalle separar o traballo “do outro” , di Uquí, xa que entre eles mestúranse, fíltranse e retroalimentanse…” Entre os seus “outros” traballos ven de rematar o libro ENTRECRUZAR. ITINERARIOS ICÓNICOS DE IDA E VOLTA, que coordinou xunto a Antonio Doñate. Nel xunta as achegas de case un cento de artistas, escritores, poetas, comisarios… nunha proposta multidisciplinar “sobre como somos o como nos vemos neste amplo territorio (Galiza)”. Tamén está a preparar o libro-catálogo do Proxecto Edición, no que participou durante o 2006 e que agora recollerá neste volume todo o que o proxecto desenvolveu en 2006.
Coa súa obra artística ten participado en exposicións propias e colectivas, tanto en galerías ou centros de arte como expoñendo na rúa. Agora está a preparar unha peza en vídeo xunto co artista Xoán Anleo e por outra banda xa comeza tamén a pensar na próxima edición de ENTRECRUZAR “que non vai ter nada que ver coa anterior publicación”.
A súa selección na rede é:
Arte Crítico
dende aí podes localizar a colectivos que están traballando sobre arte público, novas tecnoloxías, feminismo… e cultura contemporánea en xeral. Tamén ten un apartado de textos importante.
Culturas de archivo
é un portal de proxectos culturais e espazos de traballo, sobre todo unha ferramenta de traballo se queres investigar, podes atopar interesantes artigos, ademais de participar enviando información.
Proxecto-Edición
dende este sitio podes seguir o avance do Proxecto-Edición, e os traballos dos artistas que están nel, así como o enlace a ao seguinte.
Espazo documental
un espazo de documentación sobre a produción dos artistas galegos, no contexto contemporáneo.
Fehe
artistas e posicionamentos contemporáneos, descubrino detrás dun texto de Martha Rosler que me levou a ese sitio como o coello de Alicia… a pena e que esta en alemán e inglés.
Colophon 2007
simposio sobre revistas internacionais… posibilidade de perderte entre miles de revistas.
Shift
revista con números monográficos, cada unha é unha publicación especial.
Ácido surtido
proposta de arte e deseño… “un concepto colectivo, convén ser tratado colectivamente” din os autores.
Eloisa Cartonera
teño debilidade por este colectivo de Buenos Aires, pódense mercar as publicacións que fan nese taller a xente do barrio de La Boca.
DAG
esta empezando pero estamos traballando en varios apartados que poden ter un atractivo importante, a logoteca de Galiza, onde poderás localizar e baixar os logos máis importantes e un espazo para ofertas e demandas de traballo …
La Nevera61
buf! parece mentira pero estou esgotada, penso que vou a visitar aos colegas da neveira. Un blog desenfadado, onde podes enterarte do que ocorre en Vigo e no resto do planeta.


RSS