Os favoritos de… Alex Sampayo
Artista prematuro, Álex Sampayo (Lalín, 1978) colleu a súa primeira cámara entre mans aos catorce anos e desde entón ata agora xa non a soltou. A súa ollada do mundo a través do obxectivo valeulle múltiples recoñecementos e premios. A día de hoxe segue a crear personaxes e historias en movemento desde detrás da cámara para a televisión e o cine.

Collemos a Álex Sampayo acabando as gravacións da serie Valderrei que dirixe para a TVG e que podemos ver diariamente na canle autonómica. Deste formato de novela televisiva pensa pasar pronto ao de longametraxe coa vindeira dirección da película “El Espejo” coproducida por Continental e a catalá Oberon Cinematográfica e tamén a longametraxe “La Pensión” que rodará sobre un guión propio producida por Ciudadano Frame, produtora coa que fixo 3 das súas 4 curtametraxes.
Director e realizador, comezou facendo curtas caseiras en vídeo con 14 anos, e cinco anos máis tarde, coa apertura na súa vila natal dunha televisión (Canal Deza) dedicouse á realización, montaxe e postproducción de vídeos industriais, programas e spots. A súa primeira curtametraxe, “Alzheimer”, estivo presente en máis de vinte festivais nacionais e internacionas cos que obtivo varios premios e mencións no ano 2001 como o Premio á mellor curta española en “Vallecas Puerta de Cine”, Premio do público en “Centro de Estudios Cinematográficos de Cataluña” e a Mención do Xurado do Premio Europa en “Curt Ficcions” (Barcelona). O seu segundo traballo, “As loiras prefírenos cabaleiros” foi a primeira curta rodada en Galicia co sistema de vídeo de alta definición HD.
As páxinas da rede que Álex adoita usar son:
Cine por la red
Páxina dedicada a actualidade cinematográfica. Ten de todo, desde recadación de películas ata convocatorias de festivais de todo tipo, longametraxes, curtametraxes. Moi útil si te atopas en fase de distribución dunha curtametraxe. De visita obrigada para calquera cineasta ou afeccionado. A mágoa é que desde fai dous anos tense convertido nunha páxina de pago mediante subscrición.
Axencia Audiovisual Galega
Digamos que é a versión á galega de Cine por la red. Igual que a anterior, imprescindible. Moi completa e con actualización practicamente diaria. Podes acceder a unha base de datos sobre proxectos moi interesante. Ao pertencer á Xunta é de balde.
Compostela Cultura
Pois para estar ao día do que ocorre na nosa cidade. Teatro, carteleira, música… Senón queres deixar que se che escape ese evento debes de visitala por lo menos un par de veces por semana.
Fnac
Sección dvd´s. Agardando que abran por fin a tenda en A Coruña pois nos queda visitar esta web para cazar ofertas, packs e rarezas que eles mesmos editan en dvd. Cun pouco de tempo e relativamente poucos cartos podes aumentar e engrandecer a túa videoteca.


RSS