Paisaxes de papel

Barcelona, a ollada exterior (e II)
Destacabamos na columna anterior a estreita relación entre a banda deseñada e Barcelona, tanto por ser lugar de orixe de nomeados historietistas como por ser sede de importantes editoriais do medio. Alén diso, non son poucos os autores estranxeiros  que a elixiron coma escenario para as súas obras, o que confirma tanto a singularidade da cidade como a súa indiscutible proxección internacional.

Giardino e o Passeig de Gràcia

É o caso de Vittorio Giardino, que entre 1999 e 2008 elaboraría os tres álbums que conforman ¡No pasarán!, aventura que sitúa ao espía francés Max Fridman, do que xa falamos anteriormente nesta columna, na guerra civil española. Localizada no tramo final do conflito, a obra relata a chegada de Fridman á zona republicana na procura dun antigo compañeiro desaparecido, argumento que lle vale a Giardino para amosar a faciana máis vulnerable do seu personaxe ao tempo que expón as contradicións e liortas internas no bando republicano. Fridman revélase coma un heroe canso, que conserva os seus ideais a pesares das decepcións que a realidade lle depara. Aínda que con algún lance na fronte, a maior parte do relato transcorre nunha Barcelona que Giardino retrata co colorismo e luminosidade que lle son característicos. As localizacións escollidas non deixan dúbida da súa predilección pola arquitectura modernista da cidade, o cal, por outra banda, concorda co seu propio grafismo. Na súa recreación, o encanto e beleza do Paseo de Gracia e demais rúas do Eixample barcelonés predomina sobre as pegadas que nelas deixou a guerra. A obra, perfectamente coherente malia os dez anos que separan o primeiro e o derradeiro álbum, ven de ser reeditada en formato integral.

Enki Bilal e a Sagrada Familia

Resulta moi interesante comparar esta visión da capital catalá coa que ofrece Enki Bilal en Las falanges del orden negro. Os mesmos escenarios que nos pinceis de Giardino resultaban elegantes e luminosos amosan facetas máis ríspetas cando é o artista francés de orixe serbia quen os reproduce. No trazo pétreo de Bilal calquera rastro de calidez mediterránea desaparece deixando tras de si a aparencia dunha cidade gris e inverniza. A obra, xurdida da colaboración do debuxante co guionista Pierre Christin, relata a volta á acción nos anos 70 dun fato de ex-brigadistas ante un hipotético rexurdimento, en forma de grupúsculo terrorista, do fascismo europeo. Se na obra de Giardino había aínda unha certa esperanza para o idealismo, o relato de Christin e Bilal revela unha visión moito máis pesimista, que reduce os ideais políticos a pouco máis que pretextos para canalizar o odio e a violencia. O que parecería a confrontación de dous sistemas ideolóxicos remata por transformarse nunha loita irracional entre inimigos irreconciliables.

Alessandrini e a entrada ao Poble Espanyol

Mais non só a BD de autor se ten ocupado de Barcelona, tamén os heroes do tebeo popular teñen pisado as súas rúas. Tal é o caso de Martin Mystère, arqueólogo, aventureiro e investigador do oculto moi coñecido en Italia, creado por Alfredo Castelli e Giancarlo Alessandrini e publicado orixinalmente por Bonelli, editor por excelencia do tebeo popular italiano. O personaxe visitaría a Barcelona preolímpica en El misterio de la Sagrada Familia, relato que aproveita os rumores que atribúen veleidades esotéricas a Gaudí para tecer unha intriga que adobía unha premisa pseudohistórica con sociedades secretas, criptas e encapuchados. A arquitectura de Gaudí e especialmente a Sagrada Familia preséntanse coma un xeroglífico esotérico no que se dan cita simboloxía alquímica, máxica e astrolóxica. Debuxa o álbum o creador do personaxe, Giancarlo Alessandrini, ilustrador áxil e eficaz pero de acabado non excesivamente vistoso, que ofrece visións fugaces da arquitectura gaudiniana e doutros escenarios barceloneses como o museo do Poble Espanyol ou as instalacións nas que terían lugar os Xogos do 92.

Diego Olmos debuxa a Batman diante do Museo Nacional d’Art de Catalunya

E aínda que os superheroes de cómic se teñen deixado ver pola cidade condal en diversas ocasións, o caso máis recente e probablemente máis coñecido foi Batman Barcelona: El caballero del dragón, aventura na que o Home Morcego se enfrontaba ao réptil Killer Croc nas rúas da capital catalá. A obra foi obxecto dunha aparatosa campaña publicitaria, incluíndo a súa publicación simultánea en España e Estados Unidos e en coincidencia co Saló de Barcelona de 2009. O rebumbio mediático e probablemente tamén o prestixio do guionista, o veterano Mark Waid, xeraría nos lectores unhas expectativas que o cómic, un divertimento sen pretensións e ben cinguido aos tópicos do tebeo superheroico, non puido satisfacer. Aínda que a visión da cidade neste cómic é xenerosa en estereotipos, comezando polo pretexto argumental que evoca a lenda de Sant Jordi e o dragón, é de agradecer a presenza, canda escenarios máis previsibles, de localizacións menos típicas, como o Hospital San Pau ou o Museu Nacional d’Art de Catalunya. O labor do debuxante barcelonés Diego Olmos foi, a este respecto, irreprochable. Non falta algún momento choqueiro, como cando Batman arrebola unha senyera contra Killer Croc.

Trondheim e a Praza de Santa Maria del Mar

Mais se o que procuramos é un achegamento abertamente humorístico á cidade, atoparémolo en La felicidad inquieta, álbum que forma parte da serie Las pequeñeces, anecdotario de vivencias mínimas do debuxante francés Lewis Trondheim. Fiel á súa teima por extraer o singular do cotián, Trondheim repara na proximidade co centro monumental das zonas onde dormen os sen teito, descobre o encanto kitsch de certos comercios e sorpréndese ante a presenza de máquinas de lambetadas no interior da Sagrada Familia. O seu ollar microscópico exacerba os pequenos detalles, ofrecendo unha versión da cidade diferente, persoal.

Explora Barcelona

Ver mapa máis grande

Barcelona, a ollada interior (I)
Paco Roca

Un dos cómics que mellores críticas ten colleitado no que levamos de ano é El invierno del dibujante, obra na que o valenciano Paco Roca relata a historia real dun grupo de autores que a finais dos anos 50 abandonaron a editorial Bruguera para crear a súa propia revista de historietas. O proxecto fracasaría e os Cifré, Conti, Escobar, Giner e Peñarroya rematarían regresando a Bruguera, pero a súa iniciativa pode interpretarse como unha modesta inauguración da loita pola liberdade creativa e o respecto profesional no eido da banda deseñada. Coa beleza que ten toda derrota do idealismo, Roca reivindica a figura duns artistas cuxo recoñecemento está, aínda hoxe, moi por debaixo da sona que acadaron as súas creacións: Tribulete, Apolino Tarúguez, Zipi e Zape, o inspector Dan, Gordito Relleno…

Paco Roca

A de Roca é unha das máis recentes historietas ambientadas en Barcelona, cidade que ten sido sede de importantes editoriais de BD, lugar de orixe de numerosos historietistas e paisaxe asidua dos tebeos. Na capital catalana estableceu Josep Toutain a axencia Selecciones Internacionales e posteriormente a editorial Toutain, e ao abeiro de ambas publicaría os seus traballos, entre os 60 e os 90, toda unha xeración de autores en cuxa obra está moi presente, non por casualidade, a cidade de Barcelona.

Carlos Giménez

Carlos Giménez debullaría en Los profesionales un extenso anecdotario referido ao tempo no que el e outros artistas como Beá, Usero ou Vázquez traballaban para Toutain. Alén dos retratos persoais, a obra perfílase coma unha lúcida sátira costumista que exhibe as contradiccións da sociedade dos anos 60, na que a disonancia entre a vida na rúa e o discurso oficial da época se escenificaba nunhas Ramblas frecuentadas tanto por monxas, soldados e burguesía como por prostitutas, borrachos e golfos.

Luis García

Fernando Fernández

Compañeiro de Giménez sería Luis García, debuxante dun espectacular realismo que ambientaría en Barcelona traballos como o capítulo Love strip integrado en Las crónicas del sin nombre, obra producida xuntamente co guionista Víctor Mora para a revista francesa Pilote, ou o máis persoal aínda Nova 2, auténticos exercicios de metahistorieta ambos, protagonizados por personaxes que son debuxantes de cómic e teñen rostros tan familiares coma os de Giménez ou Mora.

Alfonso Font

Tamén pertence a esta xeración Alfonso Font, que retrataría a Barcelona do pasado en Barcelona al alba  e a dun futuro próximo, hoxe xa pasado, en Taxi, obras que confirman tanto o gusto do autor polas intrigas criminais como a versatilidade do seu grafismo. Ou Fernando Fernández, autor de trazo preciosista que adicou a maior parte da súa carreira a traballos de axencia para Europa e Estados Unidos e que rendería un curioso tributo a Barcelona na futurista, softcore e gaudiniana Zora y los cibernautas.

Beroy e Ferry

Aínda que máis novos, José Mª Beroy e Pasqual Ferry coincidirían cos anteriores en Toutain ou na revista Rambla. O primeiro recollería en Zoo varios relatos de inspiración fantástica e intención ecoloxista nos que o garda mudo Tristán Karma comparte protagonismo con varios animais do zoo de Barcelona. O segundo, un auténtico todoterreo do cómic, deixaría unha visión en claroscuro da cidade en Sebastián Gorza, obra intimista e, malia o seu contido sobrenatural, recoñecidamente autobiográfica, que Ferry publicaría por entregas ao longo de 1989.

Sergio Bleda

Javi Rodríguez e Kenny Ruiz

Raule e Roger Ibáñez

E aínda virían xeracións posteriores a apreixar Barcelona en viñetas: Sergio Bleda ambientaría na cidade o seu célebre El baile del vampiro; Javi Rodríguez e Kenny Ruiz presentaríana como un destino lóxico para os mozos que aspiran a ser artistas en Wake Up e Barcelona respectivamente; e sobretodo, Raule e Roger Ibáñez levarían a cabo no exitoso Jazz Maynard unha enxeñosa recreación do barrio do Raval, configurándoo coma un espacio entre real e mítico no que teñen cabida gángsters, superespías e ninjas. O recente BarcelonaTM, antoloxía de narracións breves a cargo dun nutrido de autores residentes na cidade, viría a confirmar a solidez do vínculo entre ésta e a banda deseñada, vínculo que axiña abordaremos dende outra perspectiva, a que nos ofrece a obra de autores internacionais.

Explora Barcelona

Ver mapa máis grande

Estambul e os misterios de Oriente
A silueta de Santa Sofía segundo Pascal Rabaté

O historietista italiano Pascal Rabaté relata en Ibicus, adaptación da novela de Alekséi Tolstói, a intensa peripecia vital de Simeón Nevzorof, un pequeno burgués con aires de grandeza que abandona Petrogrado no preludio da revolución rusa de 1917 e emprende unha longa viaxe pola supervivencia marcada por unha sorte cambiante. O final de traxecto será Estambul, cidade entón ocupada polas forzas aliadas na que poderá establecerse e alcanzar (irónicamente, iso si) a prosperidade que un día lle fora agoirada por unha cíngara. Rabaté retrata con pinceis bretemosos e tonos grises a que daquela era capital do Imperio Otomano, que se nos presenta como terra de acollida, o lugar no que o protagonista pode poñer fin á súa fuxida.

A cidade antiga desde a Torre Gálata, segundo Pellejero

Non é esta a imaxe da cidade que tradicionalmente se ten proxectado dende Occidente. A maioría das obras europeas recrean Estambul, de xeito consciente ou non, de acordo cos tópicos sobre a cultura oriental máis extendidos no noso entorno, configurándoa coma o escenario idóneo para a intriga e a aventura. Tal é o caso de Un puñal en Estambul, relato breve que daría a coñecer a Dieter Lumpen, o aventureiro claramente debedor de Corto Maltés creado por Jorge Zentner e Rubén Pellejero. A partir do roubo dunha peza de museo, Zentner constrúe un áxil divertimento no que o heroe apátrida deixa as primeiras mostras do seu carácter individualista e descrido. Cun estilo menos persoal do que exhibiría en obras posteriores, Pellejero ofrece unha imaxe da cidade nocturna e misteriosa, preferindo o encanto dos baixos fondos á súa grandeza monumental. Aínda que publicada orixinalmente en branco e negro, existen versións coloreadas desta historia.

A Mezquita de Suleiman, vista por Desberg

A escuridade do Estambul de Pellejero contrasta co colorismo de Vittorio Giardino, que trasladaría á cidade turca ao seu espía Max Fridman na que sería a súa segunda aventura, La puerta de Oriente. Giardino utiliza algunhas das localizacións máis coñecidas da cidade (a igrexa de Santa Sofía, a mesquita do Sultán Ahmed, o Bósforo) como escenario dalgúns dos lances do relato, reproducíndoos co clasicismo, a luminosidade cromática e o gusto polo detalle que caracteriza a súa obra. A súa visión pesimista e desmitificadora da figura do espía sitúa esta intriga na liña escéptica de autores como Graham Greene ou John le Carré.

O Gran Bazar, segundo Giardino

Hai dúas franquicias especialmente exitosas da BD actual que tamén situaron a súa acción en Estambul. A primeira é El Escorpion de Stephen Desberg e Enrico Marini, unha hábil combinación de lixeireza argumental e espectacularidade gráfica que homenaxea con éxito as clásicas aventuras de espadachíns. Aínda que centrada en Roma, no cuarto álbum da serie os autores levarían ao protagonista a Estambul na procura dunha reliquia, continuando o relato nas insólitas paisaxes da Capadocia no tomo seguinte. Ambos escenarios ofrecen un pretexto perfecto para que Marini deixe constancia da elegancia do seu trazo e a forza icónica dos seus deseños, sendo o seu debuxo un dos principais argumentos a prol da cabeceira.

Os tellados do Gran Bazar, por Miralles

Finalmente, Jean Dufaux e Ana Miralles situarían tamén en Estambul os catro primeiros álbums de Djinn, historia na que unha occidental viaxa á cidade turca seguindo os pasos da súa aboa, que fora favorita dun dos últimos sultáns da cidade. O halo de sensualidade e misterio que preside o relato ten moito de visión estereotipada, abordándose de novo o contraste entre culturas cun claro predominio da perspectiva occidental. O bazar, os haréns, mesmo os derviches xiratorios…, hai moito exotismo de postal nas páxinas desta obra na que o interese deriva de novo cara o apartado gráfico. As páxinas da madrileña Ana Miralles medran en elegancia e intensidade a medida que o relato avanza, ofrecendo a que probablemente sexa a versión máis mediterránea da cidade de cantas temos mencionado.

Visita Estambul

Bagdad, esplendor e caída
A Bagdad de David B.

O debuxante francés David B. acadou un merecido recoñecemento con Epiléptico, un denso relato autobiográfico no que describía unha infancia e mocidade condicionadas pola epilepsia que padecía o seu irmán. Se cadra para alonxarse do ton marcado por aquel traballo, o autor ensaiou rexistros ben diferentes en obras posteriores. Tal foi o caso de Los buscadores de tesoros, unha historia ambientada no Bagdad do século IX na que unha extravagante confraría de personaxes capitaneada por un cáustico verdugo se embarca na procura da sombra que lle foi sustraída a un deles. A peculiar combinación de imaxinación atoleirada con elementos sinistros dá lugar a unha obra tan persoal coma difícilmente clasificable. Nela resulta especialmente salientable o salto gráfico do artista, que engade ao seu trazo minimalista unhas cores básicas e un traballo de composición que achegan o resultado ás miniaturas que ilustran os manuscritos medievais. Unha mágoa que, tras os dous primeiros álbums, La sombra de Dios e La ciudad fría, o autor abandonara a serie deixándoa inconclusa.

A Bagdad de Duchazeau en Os 5 narradores de Bagdad

Aínda que peneirada pola súa particular visión, é posible recoñecer no Bagdad de David B. a imaxe romántica da cidade que agromou en Europa tras a recepción e divulgación de As mil e unha noites. A influenza deste clásico da literatura resulta aínda máis clara en Os cinco narradores de Bagdad, un álbum de Fabien Vehlmann e Frantz Duchazeau que Factoría K publicou en galego hai dous anos. Concibida coma unha reflexión sobre o feito mesmo de contar historias, a obra narra unha viaxe-aprendizaxe que ten como punto de partida e destino a cidade de Bagdad. Gran parte do atractivo da obra reside no labor de Duchazeau, artista de trazo moi semellante ao de Christophe Blain, que retrata con elegancia e contención a que daquela era capital do Califato Abasí.

Sandman visita Bagdad co califa, por P. Craig Russell

É difícil recoñecer na cidade exótica e grandiosa que atopamos nestas obras á que hoxe é capital de Irak e que a historia recente envolveu en sucesivas guerras. O escritor británico Neil Gaiman ofreceu unha explicación para este contraste no capítulo 50 de Sandman, a súa obra máis influínte. Contemplando a cidade no cénit do seu esplendor, o califa Harún al-Rashid tomaría conciencia da inevitabilidade dun posterior declive, motivo polo cal invocaría a Morfeo, Señor dos Soños, e chegaría con el a un acordo. Morfeo mercaba Bagdad a cambio de comprometerse a manter a súa maxestosidade no plano onírico con total independencia do seu devir histórico. A cidade esplendorosa que atopamos nas ficcións contemporáneas sería o Bagdad soñado que xurde deste pacto. P. Craig Russell, un debuxante especialmente dotado para a representación fantástica e colaborador habitual de Gaiman, contribúe esencialmente a crear a atmósfera máxica que a historia precisa. Russell representa un Bagdad requintado e luminoso antes de rematar o episodio cunha fugaz visión da decadencia da cidade no século XX.

As mans da victoria, por Niko Henrichon

O Monumento aos Mártires, por Niko Henrichon

A estatua de Saddam Hussein, por Niko Henrichon

El orgullo de Bagdad, obra do escritor Brian K. Vaughan e do debuxante Niko Henrichon, achéganos a historia máis recente da cidade. O guionista, unha das voces renovadoras do cómic americano actual, parte dun feito real, que os leóns do zoo de Bagdad fuxiron das súas gaiolas e camiñaron polas rúas da cidade durante a invasión norteamericana de 2003, para despregar un discurso antibelicista certamente previsible, mais tamén necesario. A barbarie da guerra adquire unha nova dimensión contemplada a través dos ollos dunhas bestas supostamente irracionais que reaccionan con abraio e terror ante a sofisticación destructiva dos seres humanos. Henrichon, prácticamente un debutante, aporta unha dozura gráfica que fai máis dixeribles as imaxes de morte e destrución que se lle ofrecen ao lector. Contemplando as súas páxinas, o tempo de esplendor da cidade semella mais lonxano que nunca.

Explora Bagdad en Google Maps

Visualizar o mapa ampliado

O Tíbet, entre a aventura e a espiritualidade
Os experimentos de perspectiva de Hergé coas montañas tibetanas

O tópico occidental retrata o Tíbet coma refuxio espiritual, un recanto arredado e inaccesible que custodia as esencias dunha sabedoría ancestral. A banda deseñada ofrece múltiples exemplos da recepción desta idea. No Himalaia situou Lee Falk o Collegium Magikos, a escola de maxia á que asistiría na súa mocedade o Mago Mandrake. Tamén alí aprendería artes arcanas o Doutor Estraño, feiticeiro supremo do Universo Marvel creado por Stan Lee e Steve Ditko. Agochada na cordilleira atopamos tamén a cidade de Attilan, fogar dos Inhumanos, seres de orixe extraterrestre dotados de habilidades extraordinarias que debutarían na cabeceira dos 4 Fantásticos da man de Stan Lee e Jack Kirby.

As fotos de National Geographic que inspiraron a Hergé e a súa plasmación en viñetas

Aínda que metaforicamente, tamén Georges Remi “Hergé” procurou conforto espiritual no Tíbet cando o proceso de separación da súa primeira esposa o sumiu nun estado semidepresivo. De fondas crenzas católicas, Hergé tiña pesadelos nos que recorrentemente aparecían inmensas masas brancas. Para conxurarlos, o debuxante concebiu unha aventura de Tintín nos cumios nevados do Himalaia, dando lugar a un álbum que sempre recoñecería como un dos seus favoritos, Tintín no Tíbet. Nel, Tintín embárcase na procura do seu amigo chinés Chang, aparentemente morto nun accidente de aviación no Himalaia. No libro Tintín, el sueño y la realidad de Michael Farr podemos contemplar algunhas das imaxes  que Hergé empregou como documentación para reproducir as paisaxes tibetanas, a maioría delas tomadas da revista National Geographic, e que o debuxante trasladaría ao papel coa obsesiva fidelidade que resulta habitual na súa obra. A inmensidade branca do Himalaia ofreceu tamén a Hergé un contexto idóneo para despregar o colorismo plano e sen matices propio do seu estilo e mesmo para levar a cabo algún xogo de perspectivas coas enormes montañas nevadas coma fondo, o que daría lugar a non poucos debates entre a crítica. O autor proxectou o seu estado anímico na súa creación, presentando a un Tintín especialmente emocional e sensible, un rexistro inusual no personaxe que singulariza un álbum, por outra banda, repleto de achados formais.

A cidade de Leh vista por Cosey

Coma no caso de Tintín, a maioría dos relatos que transcurren no Tíbet conxugan espiritualidade e aventura. Así acontece coas historias de Jonathan, personaxe creado polo suizo Cosey que protagonizaría máis dunha ducia de álbums, e tamén cun dos traballos máis coñecidos do escritor chileno Alejandro Jodorowsky, El lama blanco. A obra, unha mestura de bildungsroman e relato colonial, narra o tránsito da infancia á madurez dun neno de orixe europea criado no Tíbet. Malia conter algúns episodios de misticismo new age típicos do psicomago chileno, os lances xenuinamente aventureiros e especialmente o debuxo de Georges Bess contribúen a un resultado máis intelixible que outras obras do mesmo autor. Bess, que visitara o Tíbet antes de recibir a encarga de debuxar estes álbums, é un artista de trazo clásico, debedor de autores como Pratt ou Giraud. O seu labor nos lápices suaviza as propostas esotéricas de Jodorowsky, ademais de ser unha demostración do proveito que se lle pode tirar ás grandes pranchas proprias do formato europeo.

O Potala, antiga sede do goberno tibetanom, visto por Bess

Viñetas de Bess coa súa visión dos “chortens”

Anos máis tarde, Bess crearía outra serie ambientada no Tíbet, Pema Ling, que conxuga unha historia de vinganza persoal coa tensión política provocada pola invasión chinesa do Tíbet durante a primeira década do século XX. Os cinco álbums producidos entre 2005 e 2009 deixan constancia da evolución do artista, que supera as súas inluenzas para ofrecer un traballo moito máis persoal e maduro. Bess recréase na definición de rostros e paisaxes, acadando un grao de en espectacularidade e detallismo inédito na súa obra previa. Lamentablemente, o cambio na directiva da editorial Dupuis provocou a interrupción da serie, polo menos ata que o autor atope un novo editor. Agardemos que sexa axiña.

Explora Lhasa, capital do Tíbet

Os Balcáns, viñetas para despois dunha guerra
O final do seculo XX viuse marcado en Europa polo conflito dos Balcáns, unha guerra longa e cruel que provocou situacións que non se vivían dende a Segunda Guerra Mundial. O mundo da banda deseñada non foi alleo ao proceso de reflexión colectiva que seguiu, sendo moitas e moi interesantes as obras que abordaron o conflito dende unha variedade de perspectivas que non impediu algunhas coincidencias, e non só na denuncia das escandalosas violacións de dereitos humanos que se cometeron, senón tamén no que atinxe ao dubidoso papel xogado polas organizacións internacionais.

Chegado a Bosnia no tramo final do conflito, o xornalista e debuxante norteamericano Joe Sacco percorreu durante meses algunhas das cidades máis castigadas pola guerra recadando testemuños entre a población civil. A documentación recollida tomaría forma en diversos álbums, entre os que destaca Gorazde, zona protegida, no que se expón cómo a vila de Gorazde, especialmente vulnerable pola súa ubicación e a súa escasa relevancia política e económica, pasou de ser un lugar de convivencia pacífica entre serbios e bosnios de distintos credos, a converterse no escenario dunha confrontación na que a morte podía chegar da man dun veciño. Quen opine que Sacco, que reproduce sobretodo a visión dos musulmáns bosnios, peca de parcialidade, atopará en El mediador un interesante contrapunto, o inquietante retrato dalgunhas das principais figuras da milicia bosnia, homes de acción indisciplinados e impulsivos que chegarían a converterse nun problema para os seus propios superiores. O xornalista aínda asinaría El final de la guerra, retratos urxentes de dúas figuras tan distantes coma Soba, representante da mocedade bohemia de Sarajevo, e Radovan Karadzic, o criminal de guerra serbio a quen Sacco conseguiu entrevistar fugazmente.

Un dos moitos civís bosnios que se viron atrapados polo conflito foi o editor e representante de artistas de BD Ervin Rustemagic, que ata o inicio da guerra vivía coa súa familia en Dobrinja, un dos barrios máis populosos de Sarajevo. Convencido de que as súas posibilidades de supervivencia pasaban por abandonar o país, comezou a solicitar axuda aos seus amigos e coñecidos no estranxeiro, entre eles, o veterano debuxante norteamericano Joe Kubert, co que estableceu unha intensa correspondencia vía fax. Rematada a guerra, Kubert relataría en Fax from Sarajevo a penosa odisea vivida por Rustemagic e a súa familia, dende o inicio do conflito ata que lograron poñerse a salvo en Eslovenia. Kubert, que acadara sona nos anos 60 grazas a Sgt Rock, unha serie de fazañas bélicas ambientada na Segunda Guerra Mundial, cambia a heroicidade do soldado pola do supervivente, nun relato que ilustra as penurias polas que pasan as principais vítimas de toda guerra, os civís.

Outro dos artistas contactados por Rustemagic foi o belga Hermann Huppen, que ofrecería a súa visión do conflito en Sarajevo tango, obra ambientada nun entorno realista e que, adoptando as convencións do relato de acción, incorpora algúns elementos surreais (os cascos azuis levan gorros de pitufo, a sede da ONU é un enorme queixo furado e as súas accións diplomáticas máis contundentes consisten en enviar globos aerostáticos con forma de dedo acusador) cos que o debuxante belga critica ácidamente a neutralidade culpable das organizacións internacionais.

Finalmente, tamén Enki Bilal, francés nacido en Belgrado, abordaría o conflito na denominada Tetralogía del monstruo, catro álbums que recollen a historia de Nike, un home de memoria prodixiosa que busca desesperadamente a outras dúas persoas que, coma el, naceron en plena guerra. Bilal reflexiona sobre a memoria e a natureza do mal neste relato críptico e fortemente simbólico, no que atopamos paisaxes urbanas ben recoñecibles, entre elas, unha Sarajevo futurista, gris e esvaída en cuxa superficie se perciben aínda as pegadas que deixou a guerra.

Explora Saraxevo

Ver mapa máis grande

París: oito artes na novena
Pellejero: cemitero de Pere Lachaise

Pellejero e o Petit Palais

A aparición dun novo traballo do veterano debuxante Rubén Pellejero é sempre unha boa nova. A editorial Astiberri vén de editar En carne viva, compilación de dous álbums orixinalmente producidos para o mercado francés nos que Pellejero narra a historia dun pintor marcado por unha malformación conxénita no París de principios do século XX. A indagación polo protagonista da súa orixe centra este relato de inspiración folletinesca, repleto de segredos familiares, bebés intercambiados e paternidades ocultas. A obra parte do período da Comuna e percorre as primeiras décadas do século XX, amosando os contrastes entre os barrios populares de París, nos que se cría o protagonista, e os ambientes burgueses nos que a súa arte se difunde. Os luminosos pinceis de Pellejero describen unha capital francesa que, coincidindo coa Exposición Universal de 1900, se abre á modernidade industrial do novo século.

Bertozzi: catedral de Notre Dame

A cidade do Sena sempre estivo fondamente vencellada ás artes e a cultura. A coincidencia en París, durante a primeira metade do século XX, dalgunhas das figuras máis destacadas da arte, a literatura ou a filosofía foi recollida polo cómic da man de autores como o noruegués Jason, que en No me dejes nunca transforma a Hemingway, Scott Fitzgerald, Joyce ou Ezra Pound en autores de BD metidos a atracadores de bancos. Pola súa banda, Nick Bertozzi retrata en El salón a uns Gertrude Stein, Picasso, Apollinaire ou Matisse que se valen de narcóticos para viaxar por lenzos impresionistas. Máis realista é Kiki de Montparnasse, biografía da que fora musa de pintores coma Foujita e Soutine  ou do fotógrafo Man Ray. A debuxante Catel Muller plasma con trazo minimalista o tránsito da modelo e actriz dende as súas orixes humildes ata os ambientes bohemios do París de entreguerras.

Tardi: a Opera desde as galerías Lafayette

Pero probablemente sexa na obra de Jacques Tardi, creador do personaxe de Adèle Blanc-Sec e que levou ao cómic as novelas do detective Nestor Burma, onde atopamos unha das visións máis orixinais da capital francesa. Nos nove álbums que conforman Las aventuras de Adèle Blanc-Sec, o París de 1910 aparece representado como Grand Guignol, un escenario de cartonpedra que acocha baixo a súa superficie monumental un labirinto de túneles e acubillos para sectas, conspiradores e adoradores do Diaño. Se no relato detectivesco o heroe restaura a orde mediante o uso da razón, a teimuda Adèle de Tardi desenvólvese nun mundo rexido por un principio caótico que é incapaz de dominar: bestas prehistóricas que cobran vida, artefactos voadores, científicos tolos, pitecántropos refinados…

Burma: a place Louis Armand, na Gare de Lyon

En contraste, na adaptación das historias protagonizadas por Nestor Burma, investigador xurdido da pluma do novelista Leo Malet, Tardi axusta o seu retrato de París ás esixencias do relato de xénero negro, renunciando á extravagancia festeira dos álbums de Adéle e elaborando un retrato da cidade máis escuro e bretemoso, sobrio pero igualmente brillante. Malet propuxérase ambientar unha novela de Burma en cada un dos vinte distritos de París. Finalmente escribiría dezaoito, das cales cinco foron levadas á banda deseñada por Tardi.

Un proxecto semellante foi RG, un policíaco realista e contemporáneo a cargo do debuxante suizo Frederik Peeters e baseado na experiencia profesional do ex-policía Pierre Dragon. Como no caso de Malet e Tardi, cada álbum da serie debería conceder un especial protagonismo a algún dos distritos parisinos, mais por desavinzas entre os autores só viron a luz dous volumes dos tres previstos, Riyad-Sur-Seine e Bangkok-Belleville. Unha mágoa, dado o alento renovador da cabeceira e o magnífico labor de Peeters cos lápices.

Explora París a partir da Place de la Concorde:

Ver mapa máis grande

As metamorfoses de Praga
A porta de Carlos na arte de Miguelanxo Prado e no real.

En 1988, Miguelanxo Prado foi invitado a participar nun monográfico sobre cidades da revista Luzes de Galiza. Prado aportou unha historieta de apenas tres páxinas ambientada en Praga, cidade que, segundo confesa, non coñecía. Aquel era aínda un mundo sen Internet nin Google, atopar referencias visuais non resultaba tan doado como o é hoxe, así que Miguelanxo tivo que guiarse pola información turística que lle achegou a Embaixada Checa. O resultado foi Silencio de oboe, relato no que un músico fracasado responde á atmósfera morriñenta da cidade cunha tentativa de suicidio. Soa dramático, máis a realidade é ben outra, a historia desprende humor e ironía cómplice.

A praza da cidade vella segundo Guido Crepax.

A historia de Miguelanxo representa Praga a partir dos seus escenarios máis recoñecibles: o Castelo, a ponte de Carlos, o Museo Nacional. Algo semellante acontece en Hola Valentina, unha das primeiras aventuras da que sería a creación máis popular do debuxante italiano Guido Crepax. A historia, na que o rol de Valentina é áinda subsidiario do detective psicodélico Phillip Rembrandt “Neutrón”, transcurre fugazmente nunha Praga que se nos amosa de novo como unha sucesión de escenarios turísticos, desta volta retratados coa sensibilidade pop e vangardista propia do autor. Crepax ensaia composicións arriscadas, fragmentando a imaxe da cidade nun impactante calidoscopio de viñetas en branco e negro.

A visión de Praga de Giardino.

O reloxo astronómico, no real e segundo Giardino.

Outro italiano, Vittorio Giardino, levaría a cabo a que probablemente sexa a maior homenaxe que a banda deseñada lle ten brindado á cidade: Jonas Fink, obra estruturada en dous álbums (tres en España) e que quedaría finalmente inconclusa. Giardino é un autor de trazo clásico e elegante, herdeiro da tradición da liña clara europea como demostran a luminosidade das súas cores ou a preocupación pola correcta ambientación das súas historias. A súa representación de Praga demostra que a cidade existe máis aló dos seus escenarios máis recoñecibles. Xunto a Praza do Reloxio, o cemiterio xudeu ou o río Moldava, Giardino imaxina comercios, bares e rúas anónimas do barrio xudeu, nun relato ambientado nos anos en que Praga era a capital de Checoslovaquia. Cun plantexamento clásico e sen artificios argumentais, o artista italiano relata o tránsito da infancia á madurez do fillo dun represaliado polo réxime comunista, nunha historia na que a incuestionable beleza do debuxo contribúe decisivamente á emotividade da trama.

Recentemente, a editorial La Cúpula reeditaba Kafka, obra de David Zane Mairowitz  e Robert Crumb sobre a vida e a obra do autor de A metamorfose, que naceu e viviu grande parte da súa vida en Praga e asistiu a algúns dos episodios máis convulsos na historia da cidade. A urbe asoma en diversos momentos do relato, retratada baixo os principios gráficos que fixeron de Crumb unha figura imprescindible do underground norteamericano. O seu trazo groso e expresionista  distorsiona a elegancia arquitectónica da cidade, conseguindo que personaxes e escenarios resulten identificables sen renunciar aos principios estéticos que lle deron celebridade. No tramo final da obra, os autores denuncian un fenómeno moi propio do noso tempo, a transformación das grandes capitais en algo semellante a parques temáticos que ofrecen ao visitante o seu acervo cultural transformado en ben de consumo. Mairowitz e Crumb represéntanse a si mesmos con camisetas de Kafka no corazón dunha Praga reconvertida en mercado para turistas. A ironía definitiva, o escritor da angustia e o absurdo metamorfoseado en souvenir.

Explora Praga

Ver mapa máis grande

Todas as Venecias
A fachada da Basilica di San Marco segundo Hugo Pratt.

“Venecia sería a miña fin”. Corto Maltés, o mariño apátrida creado por Hugo Pratt, pronuncia esta frase no final de O anxo da xanela de Oriente, un relato breve ambientado na cidade dos canais durante a Primeira Guerra Mundial. Corto amósase fascinado polo misterio e a beleza da cidade, pero permanece fiel ao seu espíritu viaxeiro e renuncia a establecerse nela. Sen embargo, retornaría anos máis tarde, coincidindo co ascenso do fascismo ao poder, para protagonizar a que sería a súa grande aventura veneciana, Fábula de Venecia. Nela, Corto percorre as ruelas, prazas e pontes do barrio xudeu veneciano, o Ghetto Vecchio, na procura dunha xoia, a Clavícula de Salomón. No canto de amosarnos a Venecia máis esplendorosa e monumental, Hugo Pratt prefire alonxarse dos tópicos turísticos e representar a cidade coma un labirinto no que o mariño se orienta interpretando runas e inscripcións en pedra. “Busco os lugares que coñecín de neno”, escribiría Hugo Pratt, “pero moitas veces non os recoñezo”. A ese fin, a reconstrución das paisaxes da súa infancia, parece consagrarse esta fábula na que se amosan facetas da cidade que evidencian a pegada que nela deixaron o Islam, a cultura sefardí ou a masonería.

O Campo de Santa María Formosa por Hugo Pratt

Un libro, A Venecia secreta de Corto Maltés de Guido Fuga e Lele Vianello, toma como punto de partida o periplo de Corto para presentar aos viaxeiros unha serie de itinerarios pola Venecia menos convencional. Máis recentemente, a editorial francesa Casterman inaugurou unha colección de guías de viaxe ilustradas por debuxantes de banda deseñada. A correspondente a Venecia conta con deseños, como non podía ser doutro xeito, de Hugo Pratt.

A Ponte dei Suspiri por Moebius e no mundo real

Tamén Jean Giraud “Moebius”, outro grande da banda deseñada europea, rendiu a súa particular homenaxe á cidade dos canais. Con ocasión dunha exposición da súa obra en Venecia no ano 1983, Moebius elaborou unha serie de carteis nos que a cidade aparecía representada baixo as súas peculiares claves artísticas: canais sen auga, góndolas suspendidas no aire e o Carnaval veneciano recreado como mascarada futurista. O perigo a que está sometida a beleza da cidade inspirou a Moebius Venecia celeste, un relato breve no que suxire que hai outras Venecias no universo, cidades que se elevan no aire cando se atopan no seu máximo esplendor e se afunden no chan cando entran en decadencia. O relato, que transcurre nunha Venecia imaxinaria aínda que recoñecible, participa dun ton de melancólico moi propio do seu autor, aínda que remata cunha mensaxe de esperanza.

Viñeta de Largo Winch, de Jean Van Hamme e Philippe Francq. A escena ocorre ao carón do Fondaco dei Tedeschi e a ponte de Rialto.

Pero as paisaxes venecianas tamén poden ser un escenario axeitado para narracións menos poéticas. Así, algúns episodios de Largo Winch, o serial de intriga e acción creado por Jean Van Hamme e Philippe Francq, transcurren tamén na cidade dos canais. Nos álbums noveno (Ver Venecia…) e décimo (…E morrer) da colección, os autores ofrecen unha visión probablemente menos persoal que as de Pratt e Moebius, pero interesante especialmente pola exhaustividade e realismo dun Francq que se esforza por reproducir coa máxima fidelidade as paisaxes venecianas máis populares. Nas súas páxinas atopamos un percorrido pola Venecia monumental (a Praza de San Marcos, a Ponte de Rialto ou a basílica de Santa Maria della Salute), paseos en góndola e trepidantes persecucións en lancha motora polo Gran Canal. O formato de álbum europeo potencia o traballo dun artista en cuxo trazo pode recoñecerse a influencia dos grandes mestres da BD, entre eles, sen dúbida, Pratt e Moebius. Cada un deles demostra, coa súa obra, que unha mesma Venecia pode amosar facetas moi distintas entre si.

Explora Venecia

Ver mapa más grande

As viaxes de Guy Delisle
O debuxante canadiano Guy Delisle chegou á cidade chinesa de Shenzhen a finais de 1997 para dirixir durante un período de tres meses un estudio de animación que fora contratado dende Francia.

A cidade chinesa de Shenzen

Delisle recolleu as experiencias da súa estadía no álbum que leva o nome da cidade. A súa descrición non é precisamente a dun lugar para facer turismo: polución, suciedade e un ambiente gris no que a presenza dun occidental, malia a proximidade dunha urbe coma Hong Kong, non pasa desapercibida. Delisle é observado pola rúa, saudado por descoñecidos e mesmo fotografado coma se dun motivo pintoresco se tratase. A urbe configúrase coma un gran centro de negocios, un horizonte de rañaceos e grúas no que a construción non se detén e os edificios medran a razón dun piso por día. No parque temático “Windows of the World”, Delisle visita reproducións a escala dalgúns dos monumentos máis populares do mundo, o que pode interpretarse como a sarcástica solución das autoridades para a incomunicación a que someten aos seus cidadáns. De feito, ninguén pode abandonar Shenzhen sen visado e o extremo norte da cidade está rodeado por unha valla electrificada e un ronsel de torres de vixiancia. Nada como asistir á flagrante vulneración dos Dereitos Humanos para tomar conciencia do alcance da propia liberdade.

A estatua de Kim-Il-Sung en Pyongyang.

Anos máis tarde, Delisle adicaría un novo álbum a Pyongyang, a capital de Corea do Norte que visitaría tamén para supervisar un proxecto de animación. Todo un síntoma, os procesos de deslocalización e subcontratación internacional facilitan a connivencia entre as grandes empresas occidentais e as ditaduras asiáticas. O totalitarismo norcoreano edifícase sobre o extravagante culto á personalidade dos seus líderes e un abafante aparello propagandístico. Todo visitante que chega á cidade é conducido ante a estatua de Kim Il-Sung para depositar flores aos seus pés. O seu retrato e o do seu fillo e sucesor Kim Jong-Il atópanse en fachadas, paneis e escaparates, mais tamén en cada habitación de cada edificio do país e na lapela de todo bo cidadán. A ideoloxía oficial do Estado, o juche (a adaptación norcoreana de marxismo e maoísmo), difúndese nos medios, na rúa a golpe de megáfono e inspira estatuas e monolitos. Os estranxeiros teñen prohibido circular polo país sen a inexcusable presenza dos seus guías, que os acompañan en todos os seus desprazamentos. Delisle interpreta a arquitectura da cidade, xigante por fóra e ruinosa por dentro, coma metáfora dun réxime hermético e decadente.

Pagodas en Birmania.

Completa a triloxía Crónicas birmanas, álbum no que Delisle recolle as súas experiencias en Myanmar, denominación actual da antiga Birmania. O debuxante residiu en Rangún durante seis meses coa súa muller, traballadora de Médicos sen Fronteiras, e o seu fillo. A familia estableceuse nun barrio de vivendas coloniais denominado “Golden Valley”, a carón das mansións fortificadas de xenerais e homes de negocios afíns ao réxime. Delisle constata ata que punto as casas coloniais se axeitan peor ás esixencias do clima local que as vivendas tradicionais. De novo a arquitectura como metáfora. E de novo as pegadas do totalitarismo: censura informativa, corrupción policial e represión da oposición política personificada na Premio Nóbel Aung San Suu Kyi. A saída de Delisle e a súa familia do país coincide co peche das misións de Médicos sen Fronteiras ante imposibilidade de seguir exercendo o seu labor humanitario sen se converter en cómplices do réxime.

Guy Delisle retrata as distintas facianas do totalitarismo asiático cunha sabia combinación de crítica e humor. As súas crónicas evidencian ata que punto o respecto aos Dereitos Humanos segue a ser aínda unha asignatura pendente en moitos lugares do planeta.

Visita Shenzhen

Ver mapa más grande