culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / promocions / Agasallamos un lote de libros de Rinoceronte Editora
Promoción

CONSEGUE UN ANACO DA MELLOR LITERATURA EN GALEGO PARTICIPANDO NUN SINXELO EXERCICIO DE REFLEXIóN
CONCURSO FINALIZADO

Agasallamos un lote de libros de Rinoceronte Editora


27 / 9 / 2011
Santiago. Redacción

Rinoceronte editora ven de poñer no mercado os primeiros exemplares dunha colección de literatura en formato audiolibro. Unha noticia que podes ler en Culturagalega.org. Para celebralo sorteamos un paquete de libros de Rinoceronte Editora e o seu selo Morgante entre todas as persoas que participedes a través da nosa páxina de Facebook respondendo á pregunta. Qué libro de entre os que temos no soportal de literatura Lg3 che gustaría poder ter dispoñible en formato audiolibro?

pregunta
Qué libro de entre os que temos no soportal Lg3 che gustaría poder ter dispoñible en formato audiolibro?


As respostas enviaranse como comentarios á correspondente entrada no taboleiro de Facebook de Cultura Galega antes das 12 horas do 7 de outubro . A resposta deberá comezar poñendo a modo de asunto “Sorteo Rinoceronte Editora” entre comiñas e despois incluír o título e a URL do libro de Lg3 que teñades escollido así coma calquera outro comentario que queirades sobre ese libro ou os audiolibros de Rinoceronte Editora. Cada persoa só poderá participar unha vez a través dun perfil identificable de Facebook (nome e apelido). As participacións a través de perfís con pseudónimo non entrarán no sorteo. O resultado do sorteo farase público durante a mañá do luns 10 de outubro a través do perfil de Culturagalega e no portal na páxina de Promocións. Á persoa gañadora pediránselle os seus datos de contacto para facerlle o envío dos libros.

Concurso finalizado.


Gañador:
Fabián González Fraga

Hoxe en culturagalega.org

'Pisando charcos' é o nome da exposición que pode verse ata o vindeiro 10 de setembro
O CGAC propón un percorrido pola traxectoria artística de Almudena Fernández Fariña
Realízase este sábado 10 de xuño e inscrición é obrigatoria e de balde
Un roteiro segue os pasos do Seminario de Estudos Galegos pola Terra de Melide
O galardón recoñece traxectorias comprometidas coa promoción da igualdade de xénero desde o campo da cultura
Luz Fandiño e a cooperativa A Morada gañan o Premio "Begoña Caamaño"
A Asociación Galega de Editoras non pode asumir o adianto económico que suporía
As editoriais rexeitan o acordo coa Xunta para asistir a feiras internacionais
O programa inclúe concertos, escoitas comentadas e encontros con artistas e profesionais da música de tradición oral
O festival O que non se escribe volta a Compostela os días 9 e 10 de xuño
O académico recollerá o galardón o este 6 de xuño
O Liceo de Ourense outórgalle a súa Medalla de Ouro a Xesús Alonso Montero
A Catedral de Santiago organiza xornadas de portas abertas polo Día Internacional dos Arquivos
O Códice Calixtino e outros códices da catedral de Santiago poderanse ver do 5 ao 9 de xuño
Os composteláns publican con Ernie Records 'Os meus peidos cheiran a pétalos perfumados`
O novo álbum de Boyanka Kostova amosa a versatilidade rap do dúo
Hoxe abren con ese nome histórico as salas do Centro Comercial Praza Elíptica
O cine Tamberlick volve existir en Vigo
O encontro repasa a pegada deste espazo nas letras ao longo do sábado 3 de xuño
A literatura protagoniza o VII Simposium Monte Pindo
A Deputación e o Concello de Pontevedra organizan estes galardóns de xornalismo
Carolina Sertal e Carmen González fanse cos I premios Mulleres que opinan
'E que vai ser?' foi elixida por unanimidade do xurado entre os 26 orixinais presentados este ano
Adelaida Vidal gaña o IV Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade
Repartiranse 1,23 millóns entre 33 auditorios públicos e sete de xestión privada
Oitenta e dous espazos escénicos recibirán axudas á modernización
Unha ópera realizada coa colaboración de intelixencia artificial fai parte do programa que arrinca este 1 de xuño
As Xornadas de Música Contemporánea chegan a Compostela con catro estreas absolutas
A Consellería de Cultura publica no DOG a autorización normativa e aproba as bases das residencias artísticas no Gaiás
A Fundación Cidade Da Cultura poderá conceder subvencións
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org