culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / promocions / Sorteamos dous lotes de libros de Editorial Galaxia
Promoción

RECOMENDA UN EVENTO DA NOSA AXENDA E ENTRA NO SORTEO DE DOUS LOTES DE LIBROS DE EDITORIAL GALAXIA
CONCURSO FINALIZADO

Sorteamos dous lotes de libros de Editorial Galaxia


17 / 10 / 2011
Santiago. Redacción

Algunhas das mellores novidades literarias editadas en lingua galega da Editorial Galaxia poden ser túas con só participar nesta acción en Twitter. Sorteamos dous lotes de libros de narrativa, prosa, verso e literatura xuvenil doados por Editorial Galaxia entre todas as persoas que “twiteedes” a través dos vosos perfís algún evento presente ou futuro da nosa Axenda incluíndo en todos eles a “etiqueta #sorteogalaxia e a fonte “via@culturagalega”

pregunta
Recomenda un evento de Axenda da Cultura e entra no sorteo!


O evento seleccionado publicarase en Twitter usando o botón que incluímos na correspondente entrada de Axenda e que xa inclúe automaticamente a etiqueta e a fonte. Simplemente tes que escoller na nosa Axenda o evento que máis te guste, pinchar nel e "twittealo".

A mensaxe en Twitter deberá comezar coa etiqueta #sorteogalaxia e rematar con “via@culturagalega” levando entremedias o título do evento de axenda seleccionado e a súa ligazón.

Tedes toda esta semana para facelo ata as 12 horas do 21 de outubro.

Cada persoa só poderá participar unha vez a través dun perfil identificable de Twitter. As participacións a través de perfís con pseudónimo non entrarán no sorteo.

Entre todos os nomes dos participantes levarase a cabo un sorteo cun programa de selección aleatoria que elixirá dous nomes.

O resultado do sorteo farase público durante a mañá do luns 24 de outubro a través do perfil de Culturagalega en Twitter e no portal na páxina de Promocións.

Ás persoas gañadoras pediránselle os seus datos de contacto para facerlles o envío dos libros de Editorial Galaxia.

Concurso finalizado.

Gañadores:


Antón F. Escuredo

Vanesa Oliveira

Hoxe en culturagalega.org

'Pisando charcos' é o nome da exposición que pode verse ata o vindeiro 10 de setembro
O CGAC propón un percorrido pola traxectoria artística de Almudena Fernández Fariña
Realízase este sábado 10 de xuño e inscrición é obrigatoria e de balde
Un roteiro segue os pasos do Seminario de Estudos Galegos pola Terra de Melide
O galardón recoñece traxectorias comprometidas coa promoción da igualdade de xénero desde o campo da cultura
Luz Fandiño e a cooperativa A Morada gañan o Premio "Begoña Caamaño"
A Asociación Galega de Editoras non pode asumir o adianto económico que suporía
As editoriais rexeitan o acordo coa Xunta para asistir a feiras internacionais
O programa inclúe concertos, escoitas comentadas e encontros con artistas e profesionais da música de tradición oral
O festival O que non se escribe volta a Compostela os días 9 e 10 de xuño
O académico recollerá o galardón o este 6 de xuño
O Liceo de Ourense outórgalle a súa Medalla de Ouro a Xesús Alonso Montero
A Catedral de Santiago organiza xornadas de portas abertas polo Día Internacional dos Arquivos
O Códice Calixtino e outros códices da catedral de Santiago poderanse ver do 5 ao 9 de xuño
Os composteláns publican con Ernie Records 'Os meus peidos cheiran a pétalos perfumados`
O novo álbum de Boyanka Kostova amosa a versatilidade rap do dúo
Hoxe abren con ese nome histórico as salas do Centro Comercial Praza Elíptica
O cine Tamberlick volve existir en Vigo
O encontro repasa a pegada deste espazo nas letras ao longo do sábado 3 de xuño
A literatura protagoniza o VII Simposium Monte Pindo
A Deputación e o Concello de Pontevedra organizan estes galardóns de xornalismo
Carolina Sertal e Carmen González fanse cos I premios Mulleres que opinan
'E que vai ser?' foi elixida por unanimidade do xurado entre os 26 orixinais presentados este ano
Adelaida Vidal gaña o IV Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade
Repartiranse 1,23 millóns entre 33 auditorios públicos e sete de xestión privada
Oitenta e dous espazos escénicos recibirán axudas á modernización
Unha ópera realizada coa colaboración de intelixencia artificial fai parte do programa que arrinca este 1 de xuño
As Xornadas de Música Contemporánea chegan a Compostela con catro estreas absolutas
A Consellería de Cultura publica no DOG a autorización normativa e aproba as bases das residencias artísticas no Gaiás
A Fundación Cidade Da Cultura poderá conceder subvencións
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org