culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / promocions / Espiral Maior e Cultura Galega agasallamos un lote de libros de poesía
Promoción

UN ANACO DA MELLOR POESíA ACTUAL PODE SER TEU CONTESTANDO UNHA SOA PREGUNTA
CONCURSO FINALIZADO

Espiral Maior e Cultura Galega agasallamos un lote de libros de poesía


7 / 11 / 2011
Santiago. Redacción

Fase de trema é o título da obra coa que a autora novel Lorena Souto ven de gañar a XXIV edición do Premio Nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé. Unha noticia que podes ler en Culturagalega.org. Para celebralo sorteamos un lote de libros de poesía da editorial Espiral Maior entre todas as persoas que enviedes un correo respondendo á pregunta: En qué edición do Premio Nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé cambiaron as súas bases para que só puidesen concorrer autores/as sen obra editada? Non terás que ir moi lonxe para atopar a resposta.

pregunta
En qué edición do Premio Nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé cambiaron as súas bases para que só puidesen concorrer autores/as sen obra editada?


Prazo ampliado: Por mor dun fallo do noso servidor o portal non estivo dispoñible esta fin de semana imposibilitando participar no sorteo, por ese motivo amplíase o prazo de envío de respostas ata as 15 horas do martes 15 de novembro ao correo lg3@culturagalega.org .

O correo debe levar como asunto “sorteo Espiral Maior” e incluír o nome e apelidos, o teléfono e o número de DNI da persoa que participa.

Cada persoa só poderá participar unha vez a través dunha soa conta de correo. As participacións a través de perfís con pseudónimo non entrarán no sorteo.

Entre todos os nomes dos participantes levarase a cabo un sorteo cun programa de selección aleatoria que elixirá un nome.

O resultado do sorteo farase público durante a mañá do martes 15 de novembro no portal na páxina desta promoción e comunicaráselle directamente ao gañador ou gañadora pedíndolle o seu enderezo postal .

Os datos de contacto só terán como uso facer o envío dos libros de Espiral maior e non serán almacenados en ningunha base de datos nin usados para ningunha outra finalidade.

Concurso finalizado


Resposta correcta: As bases cambiáronse no ano 2005, para a XVIII edición do Premio Nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé

Gañadora: Ángeles González Muñoz

Hoxe en culturagalega.org

'Pisando charcos' é o nome da exposición que pode verse ata o vindeiro 10 de setembro
O CGAC propón un percorrido pola traxectoria artística de Almudena Fernández Fariña
Realízase este sábado 10 de xuño e inscrición é obrigatoria e de balde
Un roteiro segue os pasos do Seminario de Estudos Galegos pola Terra de Melide
O galardón recoñece traxectorias comprometidas coa promoción da igualdade de xénero desde o campo da cultura
Luz Fandiño e a cooperativa A Morada gañan o Premio "Begoña Caamaño"
A Asociación Galega de Editoras non pode asumir o adianto económico que suporía
As editoriais rexeitan o acordo coa Xunta para asistir a feiras internacionais
O programa inclúe concertos, escoitas comentadas e encontros con artistas e profesionais da música de tradición oral
O festival O que non se escribe volta a Compostela os días 9 e 10 de xuño
O académico recollerá o galardón o este 6 de xuño
O Liceo de Ourense outórgalle a súa Medalla de Ouro a Xesús Alonso Montero
A Catedral de Santiago organiza xornadas de portas abertas polo Día Internacional dos Arquivos
O Códice Calixtino e outros códices da catedral de Santiago poderanse ver do 5 ao 9 de xuño
Os composteláns publican con Ernie Records 'Os meus peidos cheiran a pétalos perfumados`
O novo álbum de Boyanka Kostova amosa a versatilidade rap do dúo
Hoxe abren con ese nome histórico as salas do Centro Comercial Praza Elíptica
O cine Tamberlick volve existir en Vigo
O encontro repasa a pegada deste espazo nas letras ao longo do sábado 3 de xuño
A literatura protagoniza o VII Simposium Monte Pindo
A Deputación e o Concello de Pontevedra organizan estes galardóns de xornalismo
Carolina Sertal e Carmen González fanse cos I premios Mulleres que opinan
'E que vai ser?' foi elixida por unanimidade do xurado entre os 26 orixinais presentados este ano
Adelaida Vidal gaña o IV Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade
Repartiranse 1,23 millóns entre 33 auditorios públicos e sete de xestión privada
Oitenta e dous espazos escénicos recibirán axudas á modernización
Unha ópera realizada coa colaboración de intelixencia artificial fai parte do programa que arrinca este 1 de xuño
As Xornadas de Música Contemporánea chegan a Compostela con catro estreas absolutas
A Consellería de Cultura publica no DOG a autorización normativa e aproba as bases das residencias artísticas no Gaiás
A Fundación Cidade Da Cultura poderá conceder subvencións
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org