culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / promocions / Agasallamos tres CD completos do segundo volume do xogo Galeoke
Promoción

CELEBRA AS FESTAS COMPETINDO A CANTAR CONTRA AMIGOS E FAMILIA CO NOVO VOLUME DO GALEOKE
SORTEO FINALIZADO

Agasallamos tres CD completos do segundo volume do xogo Galeoke


15 / 12 / 2011
Santiago. Redacción

Este xoves 15 de decembro, cunha festa no local Casa das Crechas de Santiago (22:30 hrs) , preséntase en sociedade un novo volume, o número 2, do Galeoke. Facer karaoke con Fía Na Roca, The Homens, Heredeiros da crus ou Leilía, entre outros moitos cun sistema de puntos que permite artellar competicións. Esta é a divertida proposta do Galeoke que xa vai este ano polo seu segundo volume en CD e que este Nadal xa estará nas tendas. E ti podes telo na túa casa participando neste sorteo, xa que Galeoke envíanos tres CD do seu GALEOKE Vol. 2 para agasallar entre vós. Para conseguilo só tes que revisar no seu sitio web a lista de cancións incluídas nos volumes 1 e 2 do Galeoke e propor algunha outra canción diferente que se puidese cantar do repertorio en galego que coñeces.

pregunta
Que outra canción en galego lle engadirías ao repertorio dos volumes de Galeoke?


As respostas enviaranse ata as 15 horas do xoves 22 de decembro ao correo mega@culturagalega.org .

O correo debe levar como asunto “sorteo GALEOKE” e incluír o nome e apelidos, o teléfono e o número de DNI da persoa que participa.

Cada persoa só poderá participar unha vez e a través dunha soa conta de correo.

Entre todos os nomes dos participantes levarase a cabo un sorteo cun programa de selección aleatoria que elixirá catro nomes de xeito correlativo.

O resultado do sorteo farase público durante a mañá do venres 23 de decembro no portal na páxina desta promoción e comunicaráselles directamente aos gañadores ou gañadoras pedíndolles os seus enderezos postais.

Os datos de contacto só terán como uso facer o envío dos CD de Galeoke e non serán almacenados en ningunha base de datos nin usados para ningunha outra finalidade.
Cultura Galega non se fai responsable de calquera problema técnico ou dificultade no uso destes CD.


Sorteo pechado


Gañadoras:

1. Natalia Liñares Becerra

2. Cristina Flor Otero

3. Rosa Varela Domínguez

Hoxe en culturagalega.org

O encontro desenvólvese entre Tui e Valença ata o vindeiro 24 de setembro
A IV edición do MUMI reúne 200 profesionais da música galega e portuguesa
A iniciativa permite visitas automatizadas a centros de interpretación do Courel, Mesía, Allariz e Ribas de Sil
Cinco espazos galegos participan do proxecto Museos Vivos
O grovense estréase na dirección con esta comedia rodada en Galicia
Chega aos cines 'Amigos hasta la muerte' de Javier Veiga
A montaxe parte do texto de Ana Abad de Larriva gañador da Bolsa de dramaturxia e creación do Centro Dramático Galego
A arte de voar chega ao teatro con "Bailar no ceo"
A Deputación da Coruña e a asociación de profesionais do sector promoven estas iniciativas
Un libro e un programa de visitas dan a coñecer a xestión cultural galega este outono
O festival tamén dá o galardón honorífico Premio OUFF Ourense a Mariana Carballal
Luisa Merelas recibirá o premio AISGE do OUFF
Un informe da entidade alerta sobre os danos no patrimonio e na paisaxe que xera a proliferación de especies de crecemento rápido
O Consello da Cultura chama a ordenar os monocultivos forestais
O festival de músicas galegas celebra desde mañá a súa terceira edición
O Son dos Arrieiros volve á Estrada
As novas intervencións no xacemento alaricano revelan a prolongada ocupación do sitio
A cidade romana de Armea esténdese cara a Idade do Ferro e a Idade Media
Coruña Gráfica e ASCEGA organizan a xornada "Intelixencias Artificiais versus Industrias Creativas"
O impacto da IA nas industrias creativas a debate hoxe na Coruña
O colectivo de Vedra fora pioneiro na dinamización audiovisual con propostas como o LAV.mov
A Asociación Senunpeso cesa a súa actividade
O vindeiro día 29 presentará en concerto o disco na Sala Capitol
Mondra publica o seu LP de debut ARDĒN
O artista vigués gravou a peza audiovisual en San Miguel de Presqueiras en Forcarei
Sen Senra nomeado ao Grammy Latino polo videoclip "No Quiero Ser Un Cantante"
A Deputación de Pontevedra cesa a José Manuel Rey
Ángeles Tilve é a nova directora do Museo de Pontevedra
A colaboración da Real Filharmonia nesta investigación continúa con novos recitais os días 29 e 30
O proxecto Sensoxenoma amosa os efectos da música sobre doenzas dexenerativas
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org