culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / promocions / Libros para pequenos con ganas de ler
Promoción

CONSEGUE UN LOTE DE LIBROS ILUSTRADOS PARA LECTORES DE MáIS DE 8 ANOS DE EDITORIAL GALAXIA SORTEO FINALIZADO

Libros para pequenos con ganas de ler


3 / 4 / 2012
Santiago. Redacción

O pasado 2 de abril celebrouse o Día Internacional do Libro Infantil. A literatura para cativos é un dos segmentos máis potentes e activos do noso sistema editorial e de lectores. En Galicia temos numerosos autores e autoras, así como ilustradores que fan libros xeniais para comezar o camiño da lectura asegurando o entretemento e a aprendizaxe de valores culturais e humanos sen renunciar para nada á diversión. Na Editorial Galaxia son bo exemplo destes traballos os que publican baixo a súa colección Árbore. Ofrecémosche agora a posibilidade de obter un lote de libros que sorteamos de Galaxia da súa colección Árbore (laranxa e azul) para lectores/as a partir de 8 anos. Sortearemos o lote entre todos os que contestedes correctamente unha sinxela pregunta: Cal é o motivo da escolla do 2 de abril como Día Internacional do Libro Infantil?

Pregunta:

Por que se escolle o día 2 de abril como Día Internacional do Libro Infantil?


As respostas enviaranse antes das 15 horas do luns 16 de abril ao correo lg3@culturagalega.org .


O correo debe levar como asunto “sorteo Árbore” e incluír o nome e apelidos, o teléfono e o número de DNI da persoa que participa.


Cada persoa só poderá participar unha vez e a través dunha soa conta de correo.


Entre todos os nomes dos participantes levarase a cabo un sorteo cun programa de selección aleatoria que elixirá un nome.


O resultado do sorteo farase público durante a mañá do martes 17 de abril no portal na páxina desta promoción e comunicaráselle directamente ao gañador ou gañadora pedíndolle o seu enderezo postal.

Os datos de contacto só terán como uso facer o envío dos libros de Editorial Galaxia e non serán almacenados en ningunha base de datos nin usados para ningunha outra finalidade.

Sorteo Finalizado


Resposta: Porque coincide coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.

Gañador: César Álvarez Vázquez

Hoxe en culturagalega.org

'Pisando charcos' é o nome da exposición que pode verse ata o vindeiro 10 de setembro
O CGAC propón un percorrido pola traxectoria artística de Almudena Fernández Fariña
Realízase este sábado 10 de xuño e inscrición é obrigatoria e de balde
Un roteiro segue os pasos do Seminario de Estudos Galegos pola Terra de Melide
O galardón recoñece traxectorias comprometidas coa promoción da igualdade de xénero desde o campo da cultura
Luz Fandiño e a cooperativa A Morada gañan o Premio "Begoña Caamaño"
A Asociación Galega de Editoras non pode asumir o adianto económico que suporía
As editoriais rexeitan o acordo coa Xunta para asistir a feiras internacionais
O programa inclúe concertos, escoitas comentadas e encontros con artistas e profesionais da música de tradición oral
O festival O que non se escribe volta a Compostela os días 9 e 10 de xuño
O académico recollerá o galardón o este 6 de xuño
O Liceo de Ourense outórgalle a súa Medalla de Ouro a Xesús Alonso Montero
A Catedral de Santiago organiza xornadas de portas abertas polo Día Internacional dos Arquivos
O Códice Calixtino e outros códices da catedral de Santiago poderanse ver do 5 ao 9 de xuño
Os composteláns publican con Ernie Records 'Os meus peidos cheiran a pétalos perfumados`
O novo álbum de Boyanka Kostova amosa a versatilidade rap do dúo
Hoxe abren con ese nome histórico as salas do Centro Comercial Praza Elíptica
O cine Tamberlick volve existir en Vigo
O encontro repasa a pegada deste espazo nas letras ao longo do sábado 3 de xuño
A literatura protagoniza o VII Simposium Monte Pindo
A Deputación e o Concello de Pontevedra organizan estes galardóns de xornalismo
Carolina Sertal e Carmen González fanse cos I premios Mulleres que opinan
'E que vai ser?' foi elixida por unanimidade do xurado entre os 26 orixinais presentados este ano
Adelaida Vidal gaña o IV Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade
Repartiranse 1,23 millóns entre 33 auditorios públicos e sete de xestión privada
Oitenta e dous espazos escénicos recibirán axudas á modernización
Unha ópera realizada coa colaboración de intelixencia artificial fai parte do programa que arrinca este 1 de xuño
As Xornadas de Música Contemporánea chegan a Compostela con catro estreas absolutas
A Consellería de Cultura publica no DOG a autorización normativa e aproba as bases das residencias artísticas no Gaiás
A Fundación Cidade Da Cultura poderá conceder subvencións
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org