culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / promocions / Sorteamos un lote de libros de Edicións Barbantesa
Promoción

LEVA UN LOTE DE LIBROS DE NARRATIVA E POESíA PARA OCUPAR AS TúAS LECTURAS DE VERáN
SORTEO FINALIZADO

Sorteamos un lote de libros de Edicións Barbantesa


14 / 6 / 2012
Santiago. Redacción

No noso soportal de literatura vimos de publicar unha excelente crítica de Antía Marante sobre o poemarío O mariñeiro con cabalos matutinos baixo o vestido asinado por Elías Knörr, alter-ego islandés do poeta e tradutor cangués Elías Portela. A publicación deste libro débese a un dos anovadores proxectos editoriais xurdidos nos últimos tempos, Edicións Barbantesa, que xa dispón dun catálogo con moita personalidade que ofrecer en narrativa e poesía. Culturagalega.org coa colaboración da editorial Barbantesa agasallará cun lote de libros desta orixinal editorial a través dun sorteo que fará entre todos os que contestedes á seguinte pregunta: A que fai referencia en islandés o nome Knörr que usa Elías Portela como heterónimo?

Pregunta:

A que fai referencia en islandés o nome Knörr que usa Elías Portela como heterónimo?



As respostas enviaranse antes das 15 horas do luns 25 de xuño ao correo lg3@culturagalega.org


O correo debe levar como asunto “sorteo Barbantesa” e incluír o nome e apelidos, o teléfono e o número de DNI da persoa que participa.


Cada persoa só poderá participar unha vez e a través dunha soa conta de correo.


Entre todos os nomes dos participantes levarase a cabo un sorteo cun programa de selección aleatoria que elixirá un nome.


O resultado do sorteo farase público durante a mañá do martes 26 de xuño no portal na páxina desta promoción e comunicaráselle directamente ao gañador ou gañadora pedíndolle o seu enderezo postal.

Os datos de contacto só terán como uso facer o envío dos libros de Barbantesa e non serán almacenados en ningunha base de datos nin usados para ningunha outra finalidade.

Sorteo finalizado


Resposta: fai referencia a barcos nórdicos empregados para o comercio.


Gañadora: Carme Otero

Hoxe en culturagalega.org

'Pisando charcos' é o nome da exposición que pode verse ata o vindeiro 10 de setembro
O CGAC propón un percorrido pola traxectoria artística de Almudena Fernández Fariña
Realízase este sábado 10 de xuño e inscrición é obrigatoria e de balde
Un roteiro segue os pasos do Seminario de Estudos Galegos pola Terra de Melide
O galardón recoñece traxectorias comprometidas coa promoción da igualdade de xénero desde o campo da cultura
Luz Fandiño e a cooperativa A Morada gañan o Premio "Begoña Caamaño"
A Asociación Galega de Editoras non pode asumir o adianto económico que suporía
As editoriais rexeitan o acordo coa Xunta para asistir a feiras internacionais
O programa inclúe concertos, escoitas comentadas e encontros con artistas e profesionais da música de tradición oral
O festival O que non se escribe volta a Compostela os días 9 e 10 de xuño
O académico recollerá o galardón o este 6 de xuño
O Liceo de Ourense outórgalle a súa Medalla de Ouro a Xesús Alonso Montero
A Catedral de Santiago organiza xornadas de portas abertas polo Día Internacional dos Arquivos
O Códice Calixtino e outros códices da catedral de Santiago poderanse ver do 5 ao 9 de xuño
Os composteláns publican con Ernie Records 'Os meus peidos cheiran a pétalos perfumados`
O novo álbum de Boyanka Kostova amosa a versatilidade rap do dúo
Hoxe abren con ese nome histórico as salas do Centro Comercial Praza Elíptica
O cine Tamberlick volve existir en Vigo
O encontro repasa a pegada deste espazo nas letras ao longo do sábado 3 de xuño
A literatura protagoniza o VII Simposium Monte Pindo
A Deputación e o Concello de Pontevedra organizan estes galardóns de xornalismo
Carolina Sertal e Carmen González fanse cos I premios Mulleres que opinan
'E que vai ser?' foi elixida por unanimidade do xurado entre os 26 orixinais presentados este ano
Adelaida Vidal gaña o IV Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade
Repartiranse 1,23 millóns entre 33 auditorios públicos e sete de xestión privada
Oitenta e dous espazos escénicos recibirán axudas á modernización
Unha ópera realizada coa colaboración de intelixencia artificial fai parte do programa que arrinca este 1 de xuño
As Xornadas de Música Contemporánea chegan a Compostela con catro estreas absolutas
A Consellería de Cultura publica no DOG a autorización normativa e aproba as bases das residencias artísticas no Gaiás
A Fundación Cidade Da Cultura poderá conceder subvencións
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org