culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / promocions / Celebramos o día do libro cun agasallo de Edicións Morgante
Promoción

CO GALLO DA PRESENTACIóN DOS RELATOS COMPLETOS E ANOTADOS DE SHERLOCK HOLMES PODES CONSEGUIR UN LOTE DE LIBROS VARIADOS.
SORTEO FINALIZADO.

Celebramos o día do libro cun agasallo de Edicións Morgante


23 / 4 / 2013
Santiago. Redacción
Ligazóns

O selo Edicións Morgante presenta esta semana a edición completa e anotada en dous volumes de contos e novelas protagonizados polo detective británico Sherlock Holmes, paradigma do método deductivo na narración policíaca. Esta magna obra de Sir Arthur Conan Doyle inclúe máis de 2.000 notas con cumprida información sobre os personaxes e o fascinante Londres do período vitoriano, ademais de resumir as innumerables teorías e observacións que os devotos holmesianos foron deitando cos anos. Para celebrar a sída desta obra Edicións Morgante e Cultura Galega.org queremos agasallar a algún ou algunha de vos cun lote de diversos libros desta editorial que sortearemos entre todos os que contestedes correctamente a seguinte cuestión: Dinos o título de algún dos relatos incluído no Volume II de Sherlock Holmes Anotado, de Edicións Morgante.
Cuestión:

Dinos o título de algún dos relatos incluído no Volume II de Sherlock Holmes Anotado, de Edicións Morgante


As respostas enviaranse antes das 15 horas do martes 30 de abril ao correo lg3@culturagalega.org


O correo debe levar como asunto “sorteo Holmes” e incluír o nome e apelidos, o teléfono e o número de DNI da persoa que participa.


Cada persoa só poderá participar unha vez e a través dunha soa conta de correo.


Entre todos os nomes dos participantes levarase a cabo un sorteo cun programa de selección aleatoria.


O resultado do sorteo farase público durante a mañá do xoves 2 de maio no portal na páxina desta promoción e comunicaráselle directamente ao gañador ou gañadora pedíndolle o seu enderezo postal.

Os datos de contacto só terán como uso facer o envío dos libros de Edicións Morgante e non serán almacenados en ningunha base de datos nin usados para ningunha outra finalidade.



Sorteo finalizado



Resposta: O regreso de Sherlock Holmes

Gañadora:
Raquel González Varela

Hoxe en culturagalega.org

'Pisando charcos' é o nome da exposición que pode verse ata o vindeiro 10 de setembro
O CGAC propón un percorrido pola traxectoria artística de Almudena Fernández Fariña
Realízase este sábado 10 de xuño e inscrición é obrigatoria e de balde
Un roteiro segue os pasos do Seminario de Estudos Galegos pola Terra de Melide
O galardón recoñece traxectorias comprometidas coa promoción da igualdade de xénero desde o campo da cultura
Luz Fandiño e a cooperativa A Morada gañan o Premio "Begoña Caamaño"
A Asociación Galega de Editoras non pode asumir o adianto económico que suporía
As editoriais rexeitan o acordo coa Xunta para asistir a feiras internacionais
O programa inclúe concertos, escoitas comentadas e encontros con artistas e profesionais da música de tradición oral
O festival O que non se escribe volta a Compostela os días 9 e 10 de xuño
O académico recollerá o galardón o este 6 de xuño
O Liceo de Ourense outórgalle a súa Medalla de Ouro a Xesús Alonso Montero
A Catedral de Santiago organiza xornadas de portas abertas polo Día Internacional dos Arquivos
O Códice Calixtino e outros códices da catedral de Santiago poderanse ver do 5 ao 9 de xuño
Os composteláns publican con Ernie Records 'Os meus peidos cheiran a pétalos perfumados`
O novo álbum de Boyanka Kostova amosa a versatilidade rap do dúo
Hoxe abren con ese nome histórico as salas do Centro Comercial Praza Elíptica
O cine Tamberlick volve existir en Vigo
O encontro repasa a pegada deste espazo nas letras ao longo do sábado 3 de xuño
A literatura protagoniza o VII Simposium Monte Pindo
A Deputación e o Concello de Pontevedra organizan estes galardóns de xornalismo
Carolina Sertal e Carmen González fanse cos I premios Mulleres que opinan
'E que vai ser?' foi elixida por unanimidade do xurado entre os 26 orixinais presentados este ano
Adelaida Vidal gaña o IV Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade
Repartiranse 1,23 millóns entre 33 auditorios públicos e sete de xestión privada
Oitenta e dous espazos escénicos recibirán axudas á modernización
Unha ópera realizada coa colaboración de intelixencia artificial fai parte do programa que arrinca este 1 de xuño
As Xornadas de Música Contemporánea chegan a Compostela con catro estreas absolutas
A Consellería de Cultura publica no DOG a autorización normativa e aproba as bases das residencias artísticas no Gaiás
A Fundación Cidade Da Cultura poderá conceder subvencións
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org