Aquí podemos visitar a Colexiata, considerada a primeira catedral de España, que se atopa rodeada por un fermoso adro no que está o Cemiterio de Adina. Este camposanto é mencionado por Rosalía nun dos seus poemas, e aquí estivo soterrada de 1885 a 1891, cuxa tumba aínda está sinalizada. Tamén se atopa a do célebre escritor Camilo José Cela, que conta cunha fundación propia situada en fronte á Colexiata.
Enderezo: Iria Flavia, s/n - 15917 Santa María de Iria Flavia - Padrón. A Coruña.






Neste cemiterio, situado xunto á Colexiata de Iria Flavia, foi soterrada Rosalía de Castro tras a súa morte, e a súa tumba estivo alí situada ata 1891, ano en que se trasladou ó actual Panteón de Galegos Ilustres (Santiago de Compostela). Actualmente, a antiga tumba de Rosalía segue estando sinalizada neste cemiterio.
Fachada principal da Colexiata de Iria Flavia. Segundo a tradición, foi a primeira catedral de España. Xunto a ela está situado o cemiterio de Adina.
Este tímpano sitúase na fachada principal da Colexiata de Iria Flavia, e ten unha representación da Ascensión.
No mesmo cemiterio de Adina, onde estivo enterrada Rosalía de Castro, atópase na actualidade a tumba do célebre escritor Camilo José Cela. Atópase xunto a unha oliveira centenaria, tal e como foi o seu desexo.
Fachada principal do edificio que alberga a Fundación Camilo José Cela, en Iria Flavia (Padrón), situado fronte á Colexiata.
Este santuario foi levantado entre 1732 e 1743 sobre a fonte ante a que, en 1732, tivo lugar un milagre que motivou a súa construción. As donacións fixeron posible a construción dun gran santuario barroco, con planta de cruz latina e nave única.
Vista panorámica de Iria Flavia