As Terras de Miranda foron un importante centro de oficios artesanais, concentrándose en Riotorto un gran número de ferreiros. O mazo de Ferreiravella foi o máis popular de todos os do concello. Despois duns corenta anos en desuso, en 2007 vólvese a poñer en marcha. Aquí forxouse moita ferramenta, e de aquí saíron moitas fouces para as segas de cereais en Castela. Pero os ferreiros tamén acudían a Mondoñedo ás sonadas feiras das San Lucas, colocándose na rúa de Batitales, tal e como recolle Cunqueiro.
Enderezo: O Mazo, s/n - 27744 Ferreiravella - Riotorto. Lugo.
URL: http://www.mazoferreiravella.com
Vista dunha das construcións do conxunto coa roda vertical do mazo
Vista da canle que abastece ao mazo
Vista do conxunto de contrucións do Mazo de Ferreiravella
Detalle dun fouciño fabricado por un ferreiro do Mazo, José Cabo Acebrás Fabricante de hoces
Vista do interior da forxa
Vista do interior do mazo
Vista do conxunto de contrucións que forman o Mazo de Ferreiravella
Escultura en homenaxe aos ferreiros de Ferreiravella
Conxunto etnográfico de Ferreiravella, co restaurante ao fondo
Ferreira Vella aparece nomeado na obra de Cunqueiro, como en Xente de aquí e acolá