Xusto, coñecido como Lomas do Pontigo, é un muiñeiro do que fala Cunqueiro na súa obra literaria. Coñeceuno cando tiña uns quince anos, e chegou a ter con el un bo trato. Desde a fábula narrada no conto, podemos trasladarnos á súa localización en Riotorto. Alí, é coñecida como O Pontigo unha zona próxima ao centro das Rodrigas. Á beira do seu regato consérvanse os restos dun muíño hidráulico, quizais o de Lomas, malia que sen a fiestra pola que saíra Xustín no seu berce de madeira nunha crecida.
Enderezo: O Pontigo, s/n - 27744 As Rodrigas - Riotorto. Lugo.

Vista do muíño desde un lateral, coa saída do inferno
Vista xeral dos restos do muíño coa igrexa das Rodrigas no fondo
Lomas do Pontigo é un dos protagonistas de Escola de Menciñeiros que ten un muíño no Pontigo
No relato de Lomas de Noceda, en Xente de aquí e acolá, tamén se fala do Muíño do Pontigo