Agora culturagalega.org aumenta o seu contido en RSS para adaptar aínda máis o portal ás túas necesidades.
culturagalegaRSS vai estar contigo xusto cando o precises, porque non fai falta que te conectes para acceder a unha base de datos de referencias entre as que están as nosas últimas 1.000 noticias publicadas, todo o noso fondo de libros de lg3, todas as nosas fichas de producións audiovisuais de AVG, referencias aos nosos certames, etc. E cada vez que te conectes a Internet, culturagalegaRSS vai descargar por ti as actualizacións destes vizosos fondos sen que ti te teñas que preocupar en baixalos
descarga culturagalegarss 1.0
FLUXOS RSS

rss A edición xeral

rss Noticias de AVG (audiovisual)

rss Noticias de MeGA (música)

rss Noticias de lg3 (literatura)

rss Noticias de banda deseñada

rss Certames e convocatorias

rss Destacados

rss Axenda

Para incluír no teu lector, na túa páxina web, etc.
Os nosos fluxos poden ser incluídos na túa páxina de balde e cunha licenza moi flexible.
FLUXOS RSS DE CATÁLOGO

¿Imaxínaste descargar todo o noso catálogo de producións audiovisuais, de libros para o teu programa lector de RSS? Agora tes a oportunidade aquí:

rss Novidades literarias en LG3

rss Producións audiovisuais en AVG

Debido á enorme cantidade de datos que se descargan, non recomendamos a incorporación dos fluxos a un sitio web.
Consulta as condicións da nosa licenza Consulta as condicións da nosa licenza



Máis características



Vista múltiple
CulturagalegaRSS instálase no teu PC e ten tres vistas. Á esquerda, indícache os fluxos RSS aos que estás conectado. Na esquina superior dereita, aparecen os titulares das novidades, e no recanto inferior dereito poderás acceder á información en detalle.

 

 



Navegación simultánea no portal

culturagalegaRSS permíteche cargar directamente as páxinas en liña nunha fiestra noseu interior, para ampliar aínda máis a información subministrada e poder navegar en tempo real.


 

 




Liberdade de escolla
En calquer momento podes engadir, editar ou modificar fluxos ao programa, xa que é totalmente configurable e modificable. Nós, por exemplo, empregámolo para poder consultar máis rapidamente as edicións culturais dos medios, bitácoras, etc.

 

 
¿QUE É O RSS?
  Unha tecnoloxía que exporta a información de culturagalega.org a un formato independente, que ti podes introducir en programas, nalgúns navegadores como Firefox, na túa páxina web ou noutras aplicacións. O RSS ten dúas funcións principais: permitirte consultar as novidades do portal en calquera momento sen visitar a páxina e gardar esa información. Dese xeito, a través do fluxo RSS, podes acceder a decenas de sitios web distintos cun só click e ler só aquelo que che interese.

NOTAS TÉCNICAS
 
culturagalegaRSS 1.0 beta é unha versión traducida ao galego de Feed Reader 2.90, con algúns marcadores preconfigurados. Feed Reader e culturagalegaRSS distribúense baixo licenza GPL (licenza en galego - norma AGAL - licenza en español).

culturagalega.org actualizará o software e adaptará versións para outros sistemas operativos cando a comunidade de desenvolvedores publique novas distribucións de Feed Reader para estes.

Culturagalega.org non presta soporte técnico para culturagalegaRSS. Con todo, se o precisara, pode buscar solucións e facer consultas na páxina oficial de soporte de Feed Reader.

Agradecemos, en todo caso, calquera comentario que nos permita mellorar a nosa distribución do programa. Poden envialos a redaccion@culturagalega.org




Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org