O IV Premio Rosalía de Castro que convoca a Deputación da Coruña foi para Os Regueifeiros de Bergantiños. O xurado do galardón recoñeceu así con 4.500 euros o traballo de difusión que este grupo realiza “pola súa contribución á supervivencia dunha tradición cultural e lingüística milenaria”. Antonio de Xornes, Guillerme da Rabadeira, Suso de Xornes e Fermén de Feiranova son os catro regueifeiros recoñecidos co galardón, e a súa candidatura foi presentada pola Asociación O.R.A.L de Galicia. Os galardoados recibirán 4.500 euros de premio e unha figura conmemorativa.
lingua
14 / 5 | OS SEUS ACTOS CONSISTEN EN REPARTIR BOLSAS E LIBROS ARREDOS DE ROSALíA E ROBERTO VIDAL BOLAñO
Vegalsa-Eroski dunha banda e Gadis da outra. Son as dúas liñas de supermercado que celebrarán nos seus establecementos o día das letras galegas e o 150 aniversario de Cantares Gallegos. A achega de Eroski, co apoio da Xunta, consiste en cartelería e unha tiraxe especial conmemorativa de bolsas que incorporan textos dun dos poemas de Rosalía. Por outra banda, Gadis repartirá o vindeiro 16 de maio máis de 30.000 libros e dous millóns de bolsas de plástico cun texto sobre o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.