Dunha banda os contidos, da outra o soporte, no medio a difusión audiovisual. Neste momento agroman dous proxectos: Galiza Ano Cero e Adtlántida. Comparten a rede, a súa intención sen ánimo de lucro, o código aberto , as licenzas libres e unha visión ampla da comunidade como fornecedora de material. Entre as dúas achegan outro concepto de ver a televisión para ofrecer contidos e un sistema diferente. A televisión escríbese con A.
audiovisual, sociedade, comunicación
14 / 5 | A REDE VOLCASE EN DESCUBRIR A ROBERTO VIDAL BOLAñO A PROPóSITO DO DíA DAS LETRAS
Esta é a semana grande da cultura galega que ten o seu clímax este venres coa celebración do Día das Letras. A maior parte do material que figura na rede ten un alto carácter didáctico, motivado por centros de ensino e bibiotecas que queren achegar o seu gran de area para divulgar a figura do homenaxeado. Biografías, recursos didácticos, vídeos, entrevistas, imaxes… e o cronograma de culturagalega.org para dar a coñecer a figura de Roberto Vidal Bolaño (1950-2002).