
O Mapa Cultural Galego en realidade aumentada ofrece a usuarios cun teléfono móbil equipado con cámara, GPS e brúxula a capacidade de representar sobre a realidade a ubicación e os datos de moi diversos equipamentos culturais, como museos, galerías de arte ou centros sociais. Os usuarios poden coñecer numerosos datos técnicos sobre ese equipamento, e tamén poñerse directamente en contacto con el a través de teléfono, correo electrónico ou un acceso directo aos seus webs.
O Mapa Cultural Galego toma os seus datos do Mapa de Equipamentos Culturais de Galicia, un proxecto do Observatorio da Cultura Galega do CCG, no que están catalogados e xeoreferenciados 5.000 equipamentos culturais xeoreferenciados en toda Galicia. No 2010, ao Mapa Cultural Galego tamén se incorporarán todos os elementos catalogados na aplicación de viaxes culturais Roteiros, de culturagalega.org.
Demostración do uso do Mapa Cultural Galego en realidade aumentada