Ten experiencia en banda deseñada, ilustración, caricatura e animación. Participou na produción de tres filmes 3D e no departamento de arte de Dygra Films. Actualmente traballa como ilustrador profesional por conta propia. Ten impartido clases de debuxo e pintura para rapaces en varios centros municipais e mais un curso anual de banda deseñada no Concello de Culleredo. Colaborou con fanzines como Chámalle X e Alopecia Mental así como na revista Golfiño (segunda época). Contribúe anualmente á organización do certame de Cangas.
Palmarés
Ten recibido diferentes premios en certames como o de Arteixo ou o "Mutantes Paseantes" de Cádiz. Entre outros levou estes galardóns: 1º premio en Las Palmas (2001), premio ao mellor guión en San Boi (2001), 3º premio en Arteixo (2002), 3º premio en Pontevedra (2002). Primeiro premio no VIII Concurso de Caricaturistas Noveis, convocado pola Casa da Xuventude de Ourense como contribución á VIII Bienal da Caricatura. Coa obra Sen mirar atrás venceu no V premio Castelao de banda deseñada da Deputación da Coruña (2009).
Formación específica
Cursou Belas Artes. Realiza o ciclo superior de ilustración na Escola Pablo Piccasso e estuda o curso Pencilling na Joe KubertŽs School of Art.